Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
21/02/2018
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante
19/02/2018
Este 17 de febreiro celebramos en Gondomar a nosa 42 Asemblea Xeral. No decurso dos seus traballos aprobamos varias propostas de resolución e fixemos entrega dos Premios Osíxeno 2017.
ADEGA ven de recibir unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego
12/02/2018
Na 17ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental, este 2017 xiran arredor da xestión dos montes, a lei de depredación, os lumes e os eucaliptos.
09/02/2018
No DOG deste xoves 8 e aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental, atopámonos coa lamentábel nova da derrogación da Orde que declaraba protexido ao acivro dende 1984
08/02/2018
Xa foi publicado en papel no semanario galego Sermos Galiza, o pasado 25 de xaneiro, este suplemento ambiental asinado por ADEGA, ao que tamén podes acceder desde aquí.