Revista CERNA

ADEGA Nacional

25/04/2018

Sermos-ADEGA nº 15: Reabrir a mina de Touro? Sentenza de morte para o Ulla!

Unha mina a ceo aberto e que ocuparía sete millóns de metros cadrados en Touro e O Pino. Beneficio para Atalaya Mining, unha multinacional con tres patas, en Singapur, China e nos Estados Unidos, e máis contaminación para as augas e para a riqueza pesquei

+info

23/04/2018

Máis de 110 entidades estatais e internacionais pedimos á ministra Tejerina que apoie a prohibición de tres insecticidas perigosos para as abellas

O vindeiro venres, 27 de abril, a Unión Europea finalmente vota sobre a proposta de prohibir tres insecticidas neonicotinoides.

+info

05/04/2018

O Parque Nacional dos Picos de Europa, o único con lobos, quere agora cazalos

A Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica, da que fai parte ADEGA, rexeita o protocolo presentado pola dirección do Parque Nacional e que permitirá establecer cupos de caza de lobo

+info

03/04/2018

Unanimidade no Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse

O Comité Científico de Fauna e Flora do Ministerio, en resposta ao concello de Teo, ditaminou por unanimidade que os eucaliptos teñen carácter invasor e deberían incluirse no catálogo estatal para a súa erradicación. Ouvíchedes Xunta e ENCE?

+info

21/03/2018

O actual sistema eléctrico e as políticas fronte o Cambio Climático centraron o debate das Xornadas de Enerxía e Clima de Lugo

O 91% da enerxía que se consume en Galiza é de orixe fósil

A Deputación de Lugo desenvolveu onte, coa colaboración do colectivo ecoloxista ADEGA, unha Xornada sobre Clima e Enerxía, que xuntou varios expertos sobre cambio climático e sobre o sector enerxético galego.

+info

19/03/2018

As hipotecas ambientais da mina de Touro: enxurrada de metais tóxicos baixan polo Ulla cara a ría

Vimos de coñecer os resultados das análises encarregadas por ADEGA das augas dos ríos Portapego e Pucheiras que drenan a antiga mina de Touro. Como era de esperar, os metais tóxicos sobardan todos os límites, e iso coa mina parada...

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal