Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Sermos ADEGA nº 16: ADEGA en Vigo!

01-09-2018

Sermos ADEGA nº 16: ADEGA en Vigo!

Este Sermos ADEGA 16 preséntanos o traballo da nova delegación de ADEGA en Vigo. ADEGA-Vigo ten como obxectivo de impulsar e ampliar o dialogo crítico en temática ambiental, desde a cidade ás vilas e aldeas da bisbarra.

Bosque e biodiversidade, Auga, ríos e litoral, e Ecoloxía urbana (cidade, mobilidade, residuos...) son os tres eidos aos que quere dar resposta. O modelo de cidade, a salvagarda das últimas carballeiras que lle quedan, os impactos das grandes areas comerciais, o insostible modelo de consumo, a xestión da auga , a protección real das Cíes, ou a necesidade dun tren de proximidade como base para unha mobilidade máis sostible están na axenda de ADEGA-Vigo.

Descargas

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal