Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Sermos-ADEGA nº 15: Reabrir a mina de Touro? Sentenza de...
25-04-2018
Unha mina a ceo aberto e que ocuparía sete millóns de metros cadrados en Touro e O Pino. Beneficio para Atalaya Mining, unha multinacional con tres patas, en Singapur, China e nos Estados Unidos, e máis contaminación para as augas e para a riqueza pesqueira e marisqueira do Ulla e da ría de Arousa. Tamén múltiples riscos para a poboación local, desde a contaminación das augas, explosións frecuentes, fendas nas casas, e ao final un macrovertedoiro de residuos.