Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA apoia a folga feminista do 8 de marzo
07-03-2018
ADEGA defende a igualdade entre homes e mulleres e comparte a necesidade social de reivindicar con voz alta esa igualdade aínda hoxe inexistente. Desde ADEGA apoiamos a convocatoria de folga feminista para o Día da Muller, 8 de marzo, e animamos ao resto da cidadanía a sumarse e a participar nos actos e mobilizacións que están convocados para ese día.
Sen elas, o mundo para!
Sen nós (mulleres), o mundo para!