Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA e a Consellaría de Medio Ambiente anovan o convenio...
13-05-2015
A presidenta de ADEGA e Coordinadora do Proxecto Ríos, Virxinia Rodríguez, asinou hoxe o convenio de colaboración coa Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para dotar de orzamento ao Proxecto Ríos.
Son 11 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, o que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende unir ríos e persoas.
Na actualidade o Proxecto Ríos conta con 308 grupos de voluntarios/as por todo o país, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas, no que xa é a maior iniciativa continuada de custodia do territorio en Galiza.