Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA pide a colaboración cidadá para evitar que o lixo de...

09-09-2014

Cada tirada pode xerar máis de 5 toneladas de lixo

ADEGA pide a colaboración cidadá para evitar que o lixo de ´La Vuelta´dane Os Ancares

Lixo recollido no Angliru após La Vuelta

Eventos deportivos como as carreiras ciclistas adoitan concentrar a numerosas persoas afeizoadas nos puntos máis sobranceiros do percorrido, nomeadamente na chegada. Esta concentración de público, medios e toda a parafernalia organizativa e comercial asociada, adoita xerar importantes cantidades de refugallos, aliás de ruidos e outras molestias.
Ao tratarse de eventos puntuais, os impactos derivados da presión turística sobre a natureza non permanecen, mais sí os residuos (fundamentalmente plásticos) que nunha competición como "La Vuelta" poden chegar a supoñer até 5 toneladas por tirada.

Este ano a carreira ciclista española ten novamente varias xeiras no noso país. A xornada do vindeiro sábado 13 transcorrerá entre a Ribeira Sacra e Os Ancares, dous espazos protexidos de inmenso valor natural e patrimonial. Especial atención merece a fin da tirada no Alto dos Ancares, unha contorna de montaña pertencente á Rede Natura 2000 e fogar do oso pardo cartábrico, un dos mamíferos máis ameazados de Europa e considerado en perigo de extinción.

En ADEGA apelamos á sensibilidade da organización da carreira e das institucións colaboradoras para evitar que este evento acabe repercutindo sobre o patrimonio natural (paisaxe, hábitats e especies) e cultural destes valiosos espazos. É fundamental tamén que os e as visitantes contribúan á conservación destes valores mediante unha conduta responsábel que evite danos á natureza. Seguir as recomendacións da organización, reducir o volume de lixo xerado e xestionalo adecuadamente resulta chave para que Os Ancares non remate sendo un vertedoiro.

Novas relacionadas

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal