Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA presenta unha ampla programación de actividades con...
01-06-2026
Este venres, 5 de xuño, conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha iniciativa impulsada polas Nacións Unidas e que este ano pon o foco na crise climática e na necesidade de impulsar respostas urxentes fronte aos seus impactos. Nun contexto marcado polo aumento das temperaturas e pola crecente presión sobre os ecosistemas, esta celebración ten como obxectivo reforzar o compromiso social coa protección do medio natural.
Con motivo desta efeméride, a asociación ecoloxista ADEGA desenvolverá ao longo de toda a semana unha ampla programación de actividades en diferentes puntos do país, nunha semana coincidente, ademais, co 50 aniversario da súa legalización, en xuño do 1976. Así pois, ADEGA celebra, ao tempo, medio século de traballo en defensa da terra e do patrimonio natural galego.
A programación arrinca hoxe mesmo, luns, 1 de xuño, cun acto conmemorativo organizado xunto co Consello da Cultura Galega baixo o título "ADEGA: 50 anos de ecoloxismo galego". A xornada, que comezará ás 17:00 horas, inclúe a proxección do documental A Terra por gañar, seguida dun coloquio con persoas fundadoras de ADEGA, da súa directiva e vinculadas a ela. No mesmo acto farase entrega do libro ADEGA: 50 anos coidando a terra, editado con motivo desta efeméride.
A semana complétase con actividades formativas de Proxecto Ríos con centros educativos, accións de limpeza e conservación de espazos naturais, xornadas de eliminación de especies exóticas invasoras, charlas de divulgación ambiental, paseos interpretativos e actividades de observación da fauna.
Luns, 1 de xuño: