Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Mobilización nacional o 14 de setembro para esixir medidas...

28-08-2025

Mobilización nacional o 14 de setembro para esixir medidas que eviten outra vaga de lumes

Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’, da que fai parte ADEGA, vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.

Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal aprobado pola Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas. En próximas datas convocaremos unha rolda de prensa para presentar con máis detalle todo o que arrodea esta mobilización.

PLATAFORMA POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal