Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Grazas a todas as persoas que fixestes posible o festival...
11-06-2025
Este sábado, 7 de xuño, decorreu no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o festival "ADEGA, 50 anos coidando a Terra", unha xornada na que celebramos o 50 aniversario da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. Aberta a toda a cidadanía, esta festa do ecoloxismo galego combinou música, feira ecolóxica e de colectivos, mesas redondas, actividades para todas as idades e concertos ata a madrugada. Un completo programa que puidemos levar a cabo grazas a moitas mans amigas que contribuíron a esta xornada para o recordo.
En primeiro lugar, grazas a todas e cada unha das persoas socias que fan de ADEGA unha asociación histórica e forte, e a todas aquelas que participaron na organización deste festival. Tamén aos colectivos con quen partillamos loitas e causas e que nos acompañaron no acto de apertura: Federación Ecoloxista Galega (FEG), Confederación Intersindical Galega (CIG), Federación Rural Galega (FRUGA), Sindicato Labrego Galego (SLG), Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Asociación para a Defensa da Ría (APDR), Plataforma Ulloa Viva, Plataforma de Afectados/as pola A57 de Pontevedra, Asociación Mariña Patrimonio, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, A Montaña plántase, Comunidade de montes de Saldanxe, da Pastoriza, e da plataforma eólicos así non no Alto Miño, Asociación de Veciños de Vilalvite, Asociación Alarma Terra de Montes, Colectivo do Vento, Asociación Fonte Seca (A Baña), veciñanza de Treos-Vimianzo afectada polo P.E. Patiñeiro, Lugo non quere cheiros, Amil sen Eólicos, Asociación Roxín Roxal, Rede do Rural e Nova Escola Galega, Plataforma en Defensa dos Ancares e Plataforma Mina Touro-O Pino NON.
Grazas, igualmente, a todas as produtoras e asociacións que artellaron unha gran feira: As Espigadoras, Plataforma Feminista de Lugo, Senda Coiro e Metal, A Horta Da Sancoveiga Madre tierra, hermana luna; Mel Casa Benito, Lana Aldeana, Semente Lugo, S:C:G: Ribeira do Navia, María Monsalve Studio, Centro Social Mádia Leva, Xurumbelas, Librería Balmes, Mel ToxalRiba, Loisa Andrade, Saartesa, Plataforma Ulloa Viva, José Luís Estar López, Quod fecit, José Ramón Lleo, Argaiamundi, Francisco Fernández Barrio, Raquel Biscaia, Muiñeiras de Requiande SL, Alvaroff, Enxógate, Nubia, Cervexas Píntega, Lagar d'a Granha - O Campesinhado, Brais Bazarra Perez, Bieiteira, Plataforma Lugo por Palestina, Banco de Tempo de Lugo, Gentalha do Pichel, Kiko Work, A Carqueixa. O Sabor dos Ancares.
A Xotramu, encargado de amenizarnos durante toda a xornada con xogos tradicionais.
A Juan Bello, por traer e expoñer as súas cociñas solares.
Á deseñadora Isabel Vila, por crear a imaxe do festival.
E a quen puxo música á xornada: Loita Amada, Filophóbicas, Catro nun zoco, Caivanca, Uxía Lambona e a Banda Molona, Axeigo e Proxecto Troupelear (Branca Villares e Pablo Pintor).
Grazas, por último, ao Pazo de Feiras e Congresos por acoller este festival e a quen o apoiou economicamente: as áreas de Medio Rural, do Mar e Mocidade, e de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, así como a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Por moitos máis anos na defensa da terra!