Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Galiza, máis desprotexida, 10 anos despois da última...
22-12-2021
O día 22 de decembro de 2011, saía a exposición pública a última proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para Galiza (1), un día despois de que Samuel Juárez, o daquela conselleiro do Medio Rural, a presentara no Parlamento de Galiza. Con isto deu comezo o procedemento de ampliación e actualización dos Lugares de Importancia Comunitaria 2000 da nosa terra. Curiosamente, Juárez, apenas aguantaría no cargo 13 días máis (2).
Naquel texto que agora cumpre unha década dicíase que “a Rede Natura 2000 en Galicia atópase actualmente composta por 16 zonas de especial protección para as aves (ZEPA) (…) e 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), e que, en conxunto, ocupan unha superficie de 389.737 ha”, e engadía que “A actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso completar a aplicación en Galicia da Directiva 92/43/CEE (…)”, isto é, a célebre Directiva de Hábitats.
Grazas a esta proposta de ampliación, a Rede Natura 2000 de Galicia (LIC+ZEPA) pasaría a ter unha superficie total de 537.416 ha (incremento de 147.851 ha con respecto á “insuficiente” extensión dese momento), polo que se pasaría do 12,1% da proposta inicial (ano 1999) ao 15,2% protexido no territorio galego. Deste xeito, afirmábase que “A Consellería do Medio Rural dálle un pulo definitivo á conformación da Rede Natura 2000 de Galicia” (3).
Concluía afirmando que “é urxente iniciar os trámites para completar a rede Natura 2000 galega, e dar así cumprimento ao mandado da Comisión”, e anunciando a apertura de “un período de participación do público á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia”. Porén, logo dese período de participación, a proposta foi descartada.
Dez anos despois daquel 22 de decembro, as contas que facemos da ampliación de Rede Natura 2000 prometida son:
Paralelamente, as plantacións de eucalipto medraron a un ritmo imparábel na metade norte de Galiza nos últimos anos, afectando a espazos que estaban incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura en 2008 e tamén en 2011, como por exemplo: