Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Coidando dos mares, coidando da vida
09-12-2021
A Área Medio Rural, do Mar e Mocidade, da Deputación de Lugo, levou adiante en colaboración cos concellos de Barreiros e Ribadeo e a asociación ecoloxista ADEGA o programa a través do que se desenvolveron unha serie de actividades de educación ambiental sobre o lixo mariño e a problemática dos microplásticos dirixidas ao alumnado de terceiro ciclo de varios centros de educación primaria dos concellos da Mariña Lucense.