Inicio / Comunidade Enerxética de Tameiga: a loita pola soberanía...
08-02-2023
Máis de 20 anos xestionando enerxía en forma de biomasa de xeito democrático e sen intereses lucrativos para quentar os fogares de Tameiga conseguiron cambiar a tendencia no uso de combustibles fósiles na parroquia, o que mellorou a pegada de carbono da poboación local. O seguinte paso na soberanía enerxética da veciñanza é o aproveitamento e reparto dos demais recursos enerxéticos existentes no noso territorio: sol e vento. A constitución dunha Comunidade Cidadá de Enerxía dentro da propia CMVMC de Tameiga axudaría a acadar este obxectivo.