Páx. 42-43
En Xuño do ano pasado, Santiago foi escenário dun interesante seminário sobre a Amazónia que reuniu a destacados representantes da sociedade civil e dos poderes públicos do Brasil, convocados polo Cátedra Bolívar da Universidade de Santiago. Os asistentes ao seminário, celebrado baixo o título "Amazónia: Sobrevivência, gestão e desenvolvimento", aprovaron a "Carta de Santiago de Compostela", unha aportación para os debates da conferéncia da ONU Rio+10 que terá lugar en Sudáfrica en Setembro próximo. O desenvolvimento sustentábel da Amazónia interesa a toda a Humanidade e depende tanto da vontade dos países amanzónicos como da predisposición dos países enriquecidos a cumpriren os acordos internacionais adoptados e a exerceren a solidariedade.
Páx. 27-28
Rematamos con esta entrega este percorrido en Cerna pola obra de Castelao á procura de elementos ecolóxicos. Detemo-nos desta volta nas páxinas de sete capítulos para un segundo tomo do Sempre en Galiza que ficou infelizmente interrompido pola própia morte do rianxeiro e máis nalgunhas presenzas naturais na sua peza teatral Os vellos non deben de namorarse.
Páx. 31-35
Porto Alegre, a capital do estado do río Grande do Sul (Brasil), volveu a ser a comezos de Fevereiro escenário do Fórum Social Mundial (FSM), "a asamblea dos pobos da humanidade" que se celebra simultaneamente e como alternativa ao fórum económico mundial de Davos, a reunión anual da elite do capitalismo. Baixo o lema "outro mundo é posíbel", máis de 50.000 homes e mulleres de todo o planeta xuntaron-se para luitar "contra a concentración de riqueza, a proliferación da pobreza e a desigualdade e a destrucción do noso planeta". No seu II FSM estivo presente o movimento ecoloxista galego através da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
Páx. 9
Artigo de opinión sobre actos de violencia indiscriminada sobre o pobo onde a guerra non é a solución.
Páx. 10-11
Se un habitante da Gallaecia Romana viaxase ó noso tempo e visitase a zona de Vigo, entre o Areal e O Berbés, atoparíase con que non queda nin un centímetro da costa tal e como el a coñeceu. O resto presenta un perfil artificial, modelado por e para o ser humano. Malia os efectos negativos dos recheos realizados, asistimos a unha proliferación de proxectos que supoñen novos aterramentos. O máis inmediato é o proxecto de ampliación do peirao do Areal, no Porto de Vigo, obxecto dunha forte contestación social.
Páx. 12-13
Os Concellos deben xogar un papel destacado na promoción da sustentabilidade a nivel local. A Axenda 21 Local é un valioso instrumento ao que poden recorrer para mellorar a situación ambiental, fomentar o desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e fortalecer a democracia. Son xa moitos Concellos en todo o mundo que están a aplicar Axendas 21 Locais. No noso país, aínda que polo de agora moi timidamente, tamén se iniciaron procesos de Axenda 21 Local.