CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 32-33
Xa se cumpriu un ano desde que comezou o Programa de Compostaxe Individual do Plan Revitaliza no Concello de As Neves. Este municipio tiña grandes deficiencias na xestión do lixo, e con Revitaliza pretende mudar unha xestión baseada na incineración e o vertido por outra baseada na compostaxe da fracción orgánica. Unha aposta pola reciclaxe que tamén mellora a xestión dos outros residuos municipais.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 34
No mes de outubro, celebrouse o IX Seminario de Composta en Red. Composta en Red é unha coordinadora de Entidades Locais de todo o Estado que desenvolven experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria. ADEGA forma parte desta rede desde o seu inicio, como socia observadora. O seminario celebrouse o 17 e 18 de outubro de 2019 en Valladolid. O seu tema central foi a xestión da materia orgánica no mundo rural, cos obxectivos de dar visibilidade a esta problemática, favorecer os contactos entre axentes a todos os niveis e partillar experiencias.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 35
O debate sobre o plástico é algo común de escoitar a día de hoxe en todos os medios de comunicación e tamén é conversa frecuente na rúa. Parece que esta problemática comeza a preocupar de verdade á xente de a pé..., tarde, pero, como di o refrán, “máis vale tarde que nunca”. Porén, realmente sabemos cal é a dimensión do problema? Agora que xa somos conscientes de que estamos nun punto crítico, novas investigacións recrúan a problemática do plástico e urxen solucións inmediatas.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 36-39
O cambio cara un paradigma ecocéntrico só pode facerse realidade grazas ao enmarcado da cuestión ambiental que fixeron persoas activistas e do mundo científico. Esta problematización do tema ambiental é crítica para que a poboación adquira comportamentos ambientalmente responsables e acepte tecnoloxías que buscan a promoción da sustentabilidade. O proxecto RUN4LIFE é unha solución tecnolóxica para a xestión das augas residuais que promove a economía circular posibilitando a reutilización da auga e a recuperación de nutrientes para a produción de fertilizantes.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 41
Como já se indicou na entrega anterior desta secçom (Cerna, 81: 32), existe umha série de ferramentas em linha (online) que se integram de modo inerente em plataformas para diferentes projetos de ciência cidadá. Neste artigo vermos porqué son importantes.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 42-43
Xosé Salvadores fai homenaxe aos "grandes cornudos" do monte galego, os cervos. Nun novo capitulo de flora, Miguens describe a xilbardeira, tamén coñecida como rascacú.