Páx. 40-41
A figura de Gonzalo López Abente (Muxia, 1878-1963) está estreitamente vencellada na história do noso país ás Irmandades da fala (1916), entidade fundamental na loita polo idioma e no desenvolvimento do nacionalismo galego contemporáneo.
Páx. 44-45
Os ecosistemas litorais teñen unha grande importancia en Galicia, tal como o proban cerca de 1.500 quilómetros de costa e as case 750 praias que se atopan ao longo dela. Nas costas distínguese, tanto pola súa orixe como polo substrato e a vexetación que sustentan, tres zonas claramente diferenciadas: acantilados, areais e marismas. Os vexetais que colonizan estes ecosistemas están sometidos a unhas condicións moi adversas, polo que necesitan unhas adpatacións especiais, o que os fai especialmente sensibles aos cambios que se podan producir nesas condicións.
Páx. 46-47-48
Roteiro de 8,5 Km en terra e 2,5 km en estrada que empieza no corazón da Ribeira Sacra entre os concellos de O Saviñao e Chantada.
Páx. 49
Rosa Darriba, de profesión e vocación mestra, leva traballando no nacionalismo desde os anos 70. A sua relación co ecoloxismo xurde coa participación nun colectivo ecopacifista da guarda nado a raiz da Guerra do Golfo, relación que mantén na sua vida cotián así como no seu traballo de ensinante e colaborando con grupos ecoloxistas como ANABAM ou ADEGA. Concelleira do BNG en A Guarda, é deputada no parlamento galego desde as últimas eleicións.
Páx. 50
Pasan os meus anos coa sospeita de que en Galiza a cor cobre case sempre unha fona melancolía. Outono e inverno son meus amigos porque son coma min por dentro, ou iso creo. O verán é demasiado evidente, claro, ofensivo, sen fisuras. Poida que aínda non o coñeza ben. Xulgo por apariencias, ata me psicanalizo, xulgo resentido.