Páx. 14-19
A pesar da proximidade xeográfica, do pasado histórico común e das afinidades lingüísticas e culturais, segue a existir un grande e empobrecedor descoñecemento entre Galiza e Portugal. As relacións entre os dous países irmáns aínda poden definirse hoxe como de "costas viradas". A situación do ambiente en Portugal -que, en certos casos, pode incidir sobre a do noso medio- é ignorada no noso país, onde é máis fácil saber o que acontece en Andalucía, Latinoamérica ou Alemaña. Este artigo pretende ser un primeiro achegamento á situación ambiental portuguesa.
Páx. 20-22
Nos últimos meses encontráronse varios examplares mortos de araos comúns en diversas zonas da costa galega. Unha das hipóteses que se baralla pero que non é patente en todolos casos, é que a morte das aves se produciu fundamentalmente pola inxestión de crú, procedente presumiblemente do lavado ilegal de petroleiros nas costas galegas, cuestión que habería que desentrañar a calquera prezo, se queremos salvar unha ave única.
Páx. 23-24
No verán de 1886 arribaba aos peiraos de Ferrol e A Coruña o barco Hirondelle. Nel acudía o Príncipe de Mónaco, unha sobranceira figura da recén nada Bioloxía mariña. A visita tiña como razón fundamental estudar a causa da abondancia da sardiña na costa de Galiza, o que motivou interesantes e pouco coñecidas pescudas, ós que faremos referencia neste artigo.
Páx. 25-28
Percorrido pola obra literaria do autor, a través de títulos salientables e anacos da súa poesía.