CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido
Páx. 46
A produción de carbón vexetal foi unha actividade importante na Serra do Xurés, máis co paso do tempo, a emigración das persoas locais, a desaparición dos grandes consumidores deste recurso que eran os ferreiros e a asombrosa extensión das plantación de árbores de crecemento rápido que reduciron as superficie de uceiras considerablemente, acabaron con esta actividade tradicional nesta zona do sur de Galiza.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 11
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando “Recursos Cerna”. Consulta as nosas recomendacións desta edición.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 16-17
A pesares da cantidade de información acerca da dieta do lobo na península ibérica, poucos datos se coñecen sobre os factores que inflúen na elección das presas. Durante cinco anos (1998-2002) estudáronse os hábitos alimenticios do lobo no Macizo central ourensán, mostrando unha gran información sobre a relación entre a dispoñibilidade de presas salvaxes e os ataques ao gando doméstico.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 12 - 15
Os afloramentos costeiros, fenómeno presente nas marxes occidentais dos continentes, son unha das zonas máis produtivas do planeta. Mais nos últimos anos o cambio climático fai que este paradigma mude cara un afundimento, o que pode ocasionar graves danos a biodiversidade mariña da costa e rías galegas.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 18 - 19
“A cuestión ambiental de Europa está estancada”Monica Frassoni, sendo copresidenta de Partido Verde Europeo (PVE) está ao tanto de todas as medidas que se están a levar a cabo en Europa no eido do medio ambiente. A presente entrevista fai un percorrido polas política en cuestións medioambientais levadas a cabo dende a UE, o futuro das enerxías renovables, uso de transxénicos... e demais cuestións de interese.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 20 - 23
No noso contorno existe unha problemática importante e moitas veces descoñecida como é a contaminación acústica. Sinxelas consideracións permitirían dar solución, en maior ou menor medida, a este problema. De feito, segundo a Organización Mundial da Saúde(OMS), actualmente España é o segundo país do mundo que máis ruído presenta; só superado por Xapón. No presente artigo amósanse distintas solucións de uso cotián para reducir este tipo de contaminación con exemplos gráficos de medidas adoptadas na nosa Comunidade. Faise, ademais, un breve repaso a dous aspectos fundamentais para dar solución a este problema: o tipo de materiais que se deben empregar e onde se deben situar. Asemade, preséntase unha nova alternativa nacida en Galiza no marco da normativa vixente e do tan ansiado desenvolvemento sostíbel consistente no aproveitamento dun dos nosos recursos naturais renovábeis (a biomasa) para controlar os ruídos.