Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Efectos do Prestige sobre os ecosistemas

Victoriano Urgorri

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 26 - 28

O desastre do Prestige foi unha das peores catástrofes que viviu o noso país, incrementada por unha nefasta xestión do desastre ao meter o buque no centro da borrasca, creando así esa inmensa mancha que acadou todo o litoral galego. Os efectos inmediatos foron claros e puidéronse ver os centos de aves que morreron nun espazo de tempo, pero non se ven os efectos que inda hoxe hai no litoral, e o peor e que a situación podería pasar en calquera momento outra vez. Ademais disto, inda que pareceu que o desastre espertou unha alta conciencia ambiental na sociedade, non podemos dicir o mesmo da administración xa que a contaminación das rías galegas incrementouse exponencialmente dende o Prestige.

Os centros de investigación mariña en Galiza

Alexandre García Regueira

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 29 – 30

A moita contaminación que leva sufrido, as inxentes cantidades de recursos que extraemos, os moitos metros que lle levamos gañado..., fannos crer que o mar pode con todo, pero non é certo. Hoxe xa non se pesca coma antes e é moi difícil atopar franxas de costa que non estean humanizadas. Estes son sen dúbida síntomas de que a nosa relación co mar non está a ser respectuosa. A investigación pode darnos os medios para evitar que a situación empeore. Unha mellor comprensión dos procesos que teñen lugar nel, unha xestión sustentábel dos recursos ou unha mellora na xestión de residuos son aspectos que a investigación pode e debe axudar a aplicar no mar.

O gas radón nas vivendas galegas.

Xoán Miguel Barros Dios

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 32 - 35

O radón é un gas radioactivo de orixe natural que emana do radio que á súa vez provén do uranio presente nas rochas graníticas e que, segundo a Organización Mundial da Saúde, é responsábel de entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmón. É por isto, polo que se quere dispor no Estado español dun mapa de radón que sinale, fundamentalmente, as zonas xeográficas cun alto nivel de radiación. En Galiza as medicións lévanse a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do director do Laboratorio de Radón de Galiza, Xóan Miguel Barros Dios. O profesor desvela a través deste artigo algunha das particularidades deste gas tan frecuente en Galiza, como descoñecido.

CMVMC de Santiago de Covelo

Alexandre Cendón

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 36 - 37

A función ecolóxica, económica e social do monte son os tres eixos que marcan o que facer desta Comunidade de montes veciñais en man común do Concello de Covelo, na comarca da Paradanta. A partir destes eixos e cos veciños e veciñas como protagonistas, a xestión forestal destes montes camiña pola senda da sostibilidade.

Unha lagarta moi rabuda

Xosé Salvadores

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 38

A lagarta rabuda e unha especie característica pola súa longa cola, as súas cores e a súa disposición. Pode ter varias postas dende o mes de abril, que son imprescindibles para garantila súa supervivencia. Para non ser descuberta usa a camuflaxe e se isto non lle funciona a súa morfoloxía permítelle escapar a gran velocidade.

A hedra da andoriña

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 39

A Celidonium majus. Chelidonea, que quere dicir en grego andoriña é unha herbácea que medra en zonas sombrías, sendo habitual a beira de construcións rurais e valados. Ten uso terapéutico, xa que produce unha sabía capaz de facer desaparecer verrugas e tratar eficazmente durezas ou callos, tamén se lle atribúe unha acción sedante local.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal