CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 28 - 29
O “Estudo crítico sobre o réxime de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos. Ensinanzas do Prestige.”, editado en Rexurga (Pontevedra, 2009) é unha obra que forma parte do traballo levado a cabo polo Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC que dirixe Mª do Carme García Negro, e que analiza sectorialmente as consecuencias da catástrofe ocasionadas polo buque petroleiro Prestige en 2002.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 30 - 32
O pasado mes de marzo ADEGA concluíu o “Estudo das alternativas profesionais vinculadas á protección e posta en valor dos recursos naturais en Folgoso do Courel”, financiado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellaría de Traballo. O obxectivo: propoñer medidas creadoras de emprego que melloren o estado de conservación das áreas protexidas e supoñan un beneficio real para poboación local. O estudo foi presentado diante da anterior Consellaría de Traballo e será posto en coñecemento da actual.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 34 - 35
A piques de cumprir cinco anos de andaina, o Proxecto Ríos pon en marcha unha nova iniciativa que pretende fomentar a recollida e divulgación de nomes populares asociados aos ríos e dos aspectos culturais vencellados a eles. Os traballos de estudo e divulgación dos nosos ecosistemas fluviais realizados durante estes anos permitíronnos descubrir a extensa riqueza que agochan, non só, dende o punto de vista ambiental senón tamén cultural. Un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende incidir sobre cuestións léxicas e culturais como receitas, adiviñas, etc., contribuíndo así ao mantemento da nosa lingua e da nosa cultura.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 36 - 37
Poucos proxectos ambientais teñen a sorte de poder dicir que posúen 20 anos de andaina, mais aquí temos un exemplo. Fai 20 anos o Grupo de Educación Ambiental LANDRA realizan a posta en marcha da Aula da Natureza de Cotorredondo, proxecto que dura ata hoxe en día. Este centro, situado no Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, no Morrazo. A parte de aula didáctica para cativos, o proxecto foi medrando cara outros eidos, como a retirada de monocultivos e posterior repoboamento con especies autóctonas, condicionamento de espazos degradados, posta en valor do patrimonio cultural dentro do parque, e moito máis.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 38 - 39
O agro tradicional proporcionou alimentos e outros bens necesarios de xeito continuado durante séculos, grazas á sabedoría acumulada xeración tras xeración. Os labregos souberon crear un sistema cíclico e autosuficiente en perfecta harmonía coa natureza. Unha obra de arte cun valor monumental moi pouco valorado e respectado polo “galego sapiens” das últimas décadas, obsesionado forzosamente cara a un produtivismo insustentábel de nefastos efectos secundarios para o medio ambiente, a saúde dos consumidores e do propio agricultor.
CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades
Páx. 40
A Cegoña (Ciconia ciconia) é unha ave de todos coñecida sobre todo polo espectacular dos seus niños en sitios altos, como os campanarios das igrexas. Non é unha ave ao uso, en canto a que unha das súas características principais é a incapacidade para cantar, comunicándose mediante sons guturais. A pesar disto segue sendo unha das aves máis elegantes que se coñecen. Pepe Salvadores invítanos a mergullarnos no mundo desta gran ave de gran consideración e respecto, e os problemas que as ameazan de continuo.