CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 11
ADEGA recupera a campaña #TiPodesParalos para recorrer na xustiza a nova vaga eólica que tramita a Xunta de Galiza e o Goberno español, unha oportunidade única de protexer o país. A anulación do parque eólico Serra do Oribio no Tribunal Supremo e a paralización cautelar dos parques eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, logo dunha primeira e exitosa campaña solidaria no 2022, demóstrannos que desta vez tamén podemos conseguilo.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 4
As recomendacións literarias e musicais de Cerna.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 12-13
A pesar de que o último informe do IPCC reincide sobre impactos xa coñecidos, agora tamén sabemos que os eventos extremos son por mor do cambio climático, que acadamos puntos de non retorno para moitos ecosistemas mariños, e que para todo isto é necesaria unha adaptación socialmente xusta e equitativa.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 14-16
A Asociación pola Defensa da Ría analiza o marco de competencias, as razóns que moven o Goberno galego a propor esta normativa en materia de ordenación do litoral, e as principais propostas contidas no anteproxecto de Lei en tramitación. Conclúe na falta de conexión do texto normativo -que baleira de contido termos como “sustentabilidade”- coa realidade ambiental, socioeconómica e cultural do litoral galego.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 17-19
Os cabalos que viven nas serras de Galicia están sometidos a unha regulación natural polas duras condicións da vida no monte. A gran importancia ecolóxica deste animal radica na súa adaptación a este medio, e a conservación do sistema tradicional que lles permite vivir en liberdade debe manterse para garantir a conservación da biodiversidade. Unha maior intervención que condicione o seu comportamento, estrutura social e uso do espazo, pode ter consecuencias negativas para o medio natural e a sociedade.
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 20-23
O corvo mariño cristado presenta na Costa de Dexo (Oleiros) un bo estado de conservación, cunha clara tendencia positiva. Na actualidade a poboación reprodutora está en torno ás 130 parellas, o que lle confire unha gran relevancia no conxunto do Atlántico ibérico. Este estado favorable de conservación probablemente é debido a unha menor incidencia de factores que afectaron ou aínda afectan as poboacións doutras zonas de Galiza: a contaminación por hidrocarburos derivados do petróleo, a depredación por especies invasoras e a mortalidade en artes de pesca. É preciso o compromiso de todas as administracións competentes para garantir a conservación desta poboación no futuro.