Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

II Encontro do Lobo Galego: O futuro incerto do lobo en Galiza

Belén Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 50 - 51

ADEGA e CEIDA (Centro de extensión e divulgación ambiental de Galicia) conseguiron reunir o 8 de novembro no Castelo de Santa Cruz de Oleiros a máis dun cento de persoas interesadas en coñecer e debater sobre o futuro de lobo en Galiza e sobre o Plano de Xestión que vai impulsar a Xunta proximamente, aínda que se botou en falla a presenza dos responsábeis políticos na materia, que delegaron o convite no persoal técnico. Neste encontra coñecéronse as experiencias doutros plans de xestión do contorno galego, como o de Portugal ou o de Asturias.

O pícaro raposo

Pepe Salvadores

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 52

O raposo é o animal astuto por excelencia, diso temos boas mostras na tradición popular por medio de lendas, ditos e refráns. É un animal fermoso, esquivo, pequeno e moi intelixente, que acostuma valerse do seu enxeño para escapar dos seus depredadores ou facerse coas súas presas. Nas casas é coñecido como o ladrón das galiñas, e non é moito o aprecio que se lle profesa, porén sufriu cacerías masivas e o aproveitamento do seu fino pelaxe para o abrigo e o adorno. Aínda con todo isto, é o protagonista dos contos dos vellos e no noso interior, pode que inconscientemente, admiramos a en certo modo a este pícaro animaliño.

A xesta

Gema Pérez e María Xosé Castro

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 53

Se hai unha cor característica nos montes galegos na primavera, aparte, claro está, do verde das árbores, é o amarelo de toxos e xestas. Co nome de xesta coñécese a un gran número de arbustos da xénero Cutysus, con semellantes características. A xesta é todoterreo, ten múltiples usos e finalidades, e foi e é indispensable na vida do rural. Proba disto son as vasoiras -resistentes, ecolóxicas e reutilizábeis- o seu uso para as camas dos animais, e posterior abono, cestería, no proceso de obtención do liño e en moitas máis actividades. A xesta serve para todo.

Proxecto Ríos: Curando o río Tea

Marga Miguéns, Paco Bañobre e Ramsés Pérez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 54 - 55

Por segundo ano consecutivo tivo lugar o Campamento de Volunatiado Ambiental do río Tea organizado polo Proxecto Ríos ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariña. A actividade tivo unha grande acollida e nela participaron unhas 90 persoas. Desenvolveuse durante as tres últimas fins de semana de outubro.

Biodiversidade: Conservar a vida no planeta

Ramsés Pérez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 56 - 67

A perda da biodiversidade é un dos principais problemas ambientais contemporáneos. A degradación de espazos naturais, a extinción de especies e a perda xenética por causas antrópicas estímase entre 100 e 1.000 veces superior á que se produciría por causas naturais. Aínda que moitas das actuacións para a conservación escapan ás nosas capacidades como cidadán, tamén e certo que podemos contribuír á conservación de especies, espazos e xenes mediante diferentes accións diarias.

Ancares e Courel, avanzamos na protección como parque natural ?

Lois Toirán e Branca Villares

CERNA Nº 56 - .

Páx. 8 - 9

Estas dúas comarcas situadas nas serras orientais de Galiza contan cun patrimonio natural de gran valor, é por iso que se comezou a pensar en ampliar a protección do lugar que xa é reserva da biosfera e convertelo en parque natural. Máis non semella doado posto que as persoas locais non mostran un decidido apoio, sobre todo nos Ancares onde se fixo una plataforma en contra desta medida, ademais os partidos políticos comezaron unha disputa acusando unhas institucións as outras con fins electoralistas e provocando así un maior descontento que nada axuda a constitución deste espazo natural tan necesitado de protección.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal