Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Balanzo ambiental 2008: Moita improvisación e publicidade, poucos avances

Fins Eirexas

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 14 - 15

Facer un balanzo anual é unha das ferramentas máis útiles para poñer en perspectiva todo o acontecido ao longo do ano. A lexislación, enerxía eólica, o tema residuos, espazos protexidos... son algúns dos temas que se tratan neste artigo que no amosa os acertos, fallos e melloras que se poden dar en cada sector. Para ter un visión en perspectiva de todo o acontecido no 2008, Fins Eirexas, a través deste artigo que dará todas as claves dende un punto de vista ecolóxico.

Concurso eólico: ecoloxistas si, inxenuidade non

Daniel López Vispo

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 16

Os impactos ambientais e sociais dos parques eólicos instalados ata o día de hoxe, a inutilidade das avaliacións de impacto ambiental realizadas, a arbitrariedade con que o Partido Popular adxudicou as autorizacións, fan que sexan poucas todas as precaucións ao respecto que o ecoloxismo poida adoptar. Porén, centramos a reivindicación no concurso eólico pode ser un grande erro, xa que desvía a atención das verdadeiras deficiencias que na situación actual condicionan a selección de parques eólicos menos impactantes.

Entrevista a Virxinia Rodríguez

Belén Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 17 - 19

“ADEGA fai política ambiental, pero non é partidista” Virxinia Rodríguez é Secretaria Xeral de ADEGA, ten representación en todos os órganos de goberno da organización, nomeadamente na Comisión Permanente e na Xunta Directiva. Tamén é a voceira da organización, xunto coa Presidencia, nas relacións institucionais, extraoficiais ou xudiciais e está apoiada pola Secretaría Executiva e de Organización da asociación

Entrevista a Emilio Fernández

Manuel Soto e Belén Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 20 - 23

“Unha enerxía ilimitada sería o fin da especie humana” Hai case tres anos falabamos con Emilio Fernández para Cerna. Aínda só pasaron 9 meses da súa entrada no goberno e daba conta de numerosas actuacións e proxectos: Avaliación Ambiental Estratéxica, Núcleos de Sustentabilidade, acceso á información ambiental, revisión da Estratexia Galega de Educación Ambiental, creación dunha Axencia Galega de Desenvolvemento Sustentábel, o Plano de Acción do Cambio Climático, ou a aplicación da Directiva de Augas. Cando está para rematar a lexislatura, recorremos de novo a el para analizarmos estes anos de cambio de goberno. Segundo declaraba naquel entón, “o desenvolvemento sustentábel é un asunto de todo o goberno”. Por iso, a D.X. de Sustentabilidade, a través do Comité de Desenvolvemento Sustentábel Interdepartamental, ten importantes tarefas de transversalidade coas diferentes políticas sectoriais. Estamos pois diante da persoa que nos pode dar unha boa perspectiva das actuacións en materia de medio ambiente de todo o goberno.

A crise económica e o medio ambiente: Ameaza ou oportunidade?

María Xosé Vázquez Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 24 - 25

Entre os múltiples efectos da actual crise económica, ten interese reflexionar sobre as consecuencias que pode ter sobre o medio ambiente, especialmente pola complexidade das relacións entre crecemento económico e o seu impacto ambiental, e pola influencia que nesta relación teñen as decisións que as Administracións públicas adoptan para facerlle fronte ao problema. A resposta á pregunta inicial deste artigo dependerá en gran medida da aposta que fagan os diferentes gobernos, especialmente os europeos e o estadounidense, que están funcionando como referencia internacionais.

Eixo Atlántico Ferroviario: o tren de proximidade é posíbel

Xosé Carlos Fernández

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 26 - 28

Galiza é un territorio que conta con moito capital invertido en infraestruturas ferroviarias, que nun principio servía para a comunicación entre as grandes cidades galegas (do que tamén se aproveitaban os pobos polos que pasaban as vías), e estas a súa vez cos grandes centros do Estado. Actualmente, os servizos que unen os pobos cos cidades están a desaparecer pola construción da Liña de Alta Velocidade, condenando o que se coñece como servizo de cercanías. Mostra disto é o exemplo do Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal