Páx. 30 - 31
A asociación Vaipolorío que naceu no ano 2001, despois de que varias asociacións da zona preocupadas polo estado do río gafos decidisen involucrase e crear este colectivo co fin de promocionar, coidar defender limpar e manter o río Gafos, así como todas as actividades que vaian en beneficio do río ou do seu contorno.A asociación está implicada decididamente na Educación Ambiental como unha ferramenta decisiva para a mellora e coidado futuro do río.
Páx. 33 - 35
En Vincios levouse a cabo unha plantación forestal moi diferente o que estamos acostumados en Galiza, mentres na maioría do territorio as plantacións son de especies invasoras de rápido crecemento, en Vincios plantáronse especies autóctonas para procurar madeira de alta calidade. A empresa que investiu no proxecto é Maderas Nobles Sierra del Segura dedicada a silvicultura ecolóxica. Esta plantación conta con 21 especies diferentes de árbores típicas na paisaxe galega, 18 das cales son de folla caduca e so tres de perenne, contribuíndo así a conservación da paisaxe, pero ademais inclúense outras medidas, como facer os buratos mecanicamente sen romper toda a capa superior do solo ou triturar os restos da anterior plantación de eucaliptos, que permiten unha maior produción e o mantemento dun hábitat ben conservado.
Páx. 36 - 37
Tras a vaga de lumes de 2006, xurdiu un movemento social de voluntarismo e solidariedade co fin de encamiñar accións de axuda para superar, en parte, os problemas derivados da crise incendiaria. Constituíuse así o chamado “Voluntariado en Defensa do Monte Galego”. Nun primeiro momento, coordinado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, chegou a consolidarse no panorama galego da man da Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza e coa colaboración da Consellaría de Medio Rural. Para esta reportaxe acompañamos a xornada de traballo dun grupo de voluntarios/as en terras do alto Ulla.
Páx. 38 - 41
O autor sostén que a actividade agrogandeira actual na Galiza presenta un impacto ambiental menor que o doutras agriculturas de referencia grazas ao mantemento da integración da actividade agrícola e gandeira pola vía do uso dos xurros como fertilizante. Así mesmo, avoga polo mantemento e mellora deste modelo, promovendo a valorización do xurro como un importante recurso económico e ambiental e evitando que pase a ser considerado como un residuo.
Páx. 43 - 45
Os morcegos non gozan de boa fama na cultura galega, esa pode ser unha das razóns polas que hai tanto descoñecemento sobre estes animais, nin sequera a nivel científico se poden responder preguntas simples sobre estas especies. Inda que nos últimos anos se foi avanzando no seu estudo, descubrindo que son especies frecuentes en Galiza, que a conservación destes depende en bos medida dos refuxios e ribeiras fluviais ou que é preciso facer un esforzo específico para coñecer a distribución bioloxía e o estado de conservación das especies máis discretas.
Páx. 46
A algaria é unha especie autóctona galega inda que algúns estudos indican que sería unha especie africana introducido polos humanos na nosa terra. Vive en zonas de matogueira e sotobosque e fai vida nocturna, é difícil vela porque se agocha en canto nota presenza. Nos últimos tempos coa chegada do asfalto a cada corredoira e tamén dos automóbiles as mortes aumentan considerablemente, de maneira que non é infrecuente atopalos restos dunha algaria en estradas galegas.