Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

A ecoloxía das linguas: o caso do galego

Fran Rei García

CERNA Nº 53 - .

Páx. 62 - 63

A lingua é unha das ferramentas máis flexibles e versátiles que nos podemos atopar no noso día a día. A pesares dos anos de vida que poida ter unha lingua, esta é capaz de adaptarse as novas realidades que a rodean, evolucionar e servir á perfección para todas as interaccións que a súa sociedade requira. E isto non é característica dunha soa lingua, senón que de todas, posto que as xerarquizacións e diglosias son provocadas polas distintas relacións entre as comunidades lingüísticas partindo de diversos motivos que pouco teñen que ver coa esta. É neste contexto no que comeza a ecoloxía das linguas ou ecolingüística, que pretende evitar a desaparición do extenso patrimonio lingüístico do que formamos parte.

O Carballo da Mestra

Florinda da Escusa

CERNA Nº 53 - .

Páx. 64 - 65

Os contos sempre teñen algo especial que nos acompaña durante toda a vida. Asociados á infancia, aos avós, as vellas historias que van pasando xeración tras xeración, de boca en boca, de oído en oído.... As narracións son a alma da Historia, unha lección por aprender, un sentimento por experimentar ou un recordo vido de moi lonxe. Por iso sentimos as historias tan preto, e por iso gozamos tanto delas. A historia de hoxe ten que ver coa terra, coas raíces, co pasado... e cun carballo de máis de douscentos anos que garda un segredo no seu interior.

A xestión do lixo a debate

Cerna / redacción

CERNA Nº 55 - .

Páx. 10

O CEIDA e a Consellaría de Medio Ambiente organizaron unhas xornadas de sobre a xestión de residuos urbanos onde se presentou o novo borrador de Plan de Xestión de Residuos, inda que o plan recibiu críticas por ser centralizador, nun tema que ten demostrado a súa eficacia cando as plantas de tratamento de residuos son de menos tamaño, e dada a distribución da poboación galega que invita a desenvolver por comarcas esta tarefa, tamén recibiu eloxios por avanzar cara a sostibilidade.

Recursos 55

Ramsés Pérez

CERNA Nº 55 - .

Páx. 11

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Cambio climático. Plan de mitigación de emisións

Cerna / Redacción

CERNA Nº 55 - .

Páx. 13

Presentado polo presidente da Xunta o pasado 6 de xuño, este Plan que ten como obxectivo mitigar as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) naqueles sectores non suxeitos ao mercado de emisións. Dentro do programa de mitigación, propón a adopción de 51 accións distribuídas en 7 subsectores (Transporte: 11 accións, Doméstico: 11, Servizos: 13, Indutria: 10, Agricultura: 3, e xestión de residuos: 3). Outros programas (avaliación de impactos, investigación, educación, …) completan un plan que se atopa en fase de consulta cidadá.

Tendencia das emisións en Galiza 2000-2006. Gases de efecto invernadoiro

Ramón Varela Díaz, ex-presidente de ADEGA

CERNA Nº 55 - .

Páx. 14 - 17

No ano 2005 entrou en vigor o Protocolo de Kioto, no que moitos países desenvolvidos se comprometeron a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro ano tras ano para acadar uns obxectivos marcados. Mentres tanto os EE.UU, responsable dun terzo das emisións totais mundiais, segue se ratificar dito acordo. En Galiza as emisións seguen aumentando ano tras ano, sendo os sectores transportes, enerxéticas, de ferroalinaxes e aluminio xunto ca minaría os que fundamentalmente aportan estas emisións. Nos últimos anos produciuse un descenso lixeiro das mesmas nas industrias enerxéticas ao mesmo tempo que aumentaban considerablemente no resto. Para poder levar a cabo unha redución de emisións considerable Galiza precisaría un plan de actuación propio que estivese centrado nas singularidades do noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal