CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 25 – 31
Sumario da Revista Cerna dende o nº 26 ao 50, que corresponden ao período 1999-2006. Nestes anos CERNA publicou 25 números e un total de1168 páxinas: preto de 200 páxinas de actualidade e actividades ecoloxistas, máis dunha vintena de entrevistas, unha ducia de dosiers e suplementos, e máis de 300 artigos.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 32
Se a cara é o espello da alma, nunha revista a imaxe de portada é o reflexo do seu contido.Nunha revista como CERNA, na que se mostra a situación ambiental de Galiza, poderíase analizar a situación do medio ambiente no noso país a través das súas imaxes de portada. Diso se encarga Xesús Pereiras, quen fai unha análise da revista a través das súas capas.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 34 – 37
O ciclo natural do lume resulta abraiante en Galiza debido a súa gran produtividade vexetal, moi superior aquí que no resto de España. Pero a situación de abandono que sofre o noso monte e a plantación indiscriminada dunha especie especialmente pirófita como é o eucalipto, provoca que o ciclo de lumes se acurte e se repita cada poucos anos. Antón Bouzas é biólogo e asesor ambiental do concello de Ames e neste artigo fala das causas e das consecuencias que traen consigo a falta de responsabilidade política á hora de elaborar un modelo territorial
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 38 - 40
Os lumes, ademais de seren un desastre ecolóxico, son tamén un risco para a saúde. Luís Díaz Cabanela é médico e Vogal de Saúde Ambiental de ADEGA, neste artigo explica a composición das partículas contidas nos fumes dos incendios forestais e como afectan a saúde e á contaminación atmosférica ademais das precaución a tomar nas proximidades dos incendios.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 41 – 45
O pasado 20 e 21 de outubro, ADEGA organizou unhas xornadas en Santiago de Compostela para debater sobre a problemática dos incendios en Galiza. As xornadas contaron coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a Consellaría de Medio Rural e a Consellaría de Medio Ambiente. Recoñecidos investigadores das universidades galegas, ecoloxistas, asociacións de propietarios, expertos en rexeneración ambiental, sociólogos, sindicatos agrarios e políticos analizaron as causas e as consecuencias de máis de corenta anos de lume en Galiza e, especialmente, da última vaga de incendios sufrida no noso país. A xuntanza acolleu a todos os sectores implicados na problemática do lume e conseguiu encher o aforo da sala de conferencias do Museo do Pobo Galego, demostrando unha vez máis que os incendios son un problema que preocupa e atinxe a toda a sociedade galega.“A mobilización integral e moral das mellores enerxías do país”, foi como Suso de Toro definiu o encontro organizado por Adega, no acto de inauguración. O escritor galego referiuse á importancia da relación que mantivemos os galegos e galegas co monte nas diferentes épocas da historia, nas que “nunca deixamos de identificarnos coa terra, a pesares das nosas contradicións; por iso, cando falamos de monte queimado, tamén falamos das queimaduras do noso corpo”.
CERNA Nº 50 - CERNA x 50, 16 anos informándote. Especial incendios
Páx. 46 – 48
A Dirección Xeral de Montes (Consellaría de Medio Rural) ostenta responsabilidades en política forestal e a loita contra o lume. O seu titular, Alberte Blanco, asistiu ás Xornadas sobre Incendios Forestais organizadas por ADEGA para explicar as medidas de actuación que están a impulsar para afrontar a problemática do lume en Galiza. A continuación reproducimos, resumidamente, o contido da súa intervención.