CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 28-31
Galatea era a deusa que coidaba dos mariños e mariñas. É tamén o nome duns crustáceos das nosas costas. Osmariños e mariñas de hoxe en día encoméndanse á virxe do Carme. No mar, a forza da crenza ante as incertezaspode ser fundamental para saír adiante, de temporais ou de épocas duras. Con todo, o certo é que vivimos entempos de fe escasa. Os vellos deuses caeron no esquecemento e os novos preséntanse como manifestaciónsculturais e do sentimento máis que como algo que poida influír nas nosas vidas. A que nos aferraremos os mariñeirose mariñeiras actuais ante os problemas, tormentas e desafíos que temos por diante, e máis aínda, cos coñecementosactuais? Hoxe en día sabemos das forzas que desencadean as tormentas, que non son Eolo, Poseidónou os pecados cometidos.
CERNA Nº 91 - Transición ecosocial xusta
Páx. 9-11
Antes de mergullármonos nas orixes da oposición cidadá ao proxecto de construción dunha macrocelulosa impulsadopola pasteira lusa Altri en Palas de Rei, pido licenza para nomear a bisbarra afectada como Terra do Medio,topónimo acuñado polo escritor aqualatense e melidao Xosé Vázquez Pintor para referirse, xustamente, a esacerna xeográfica da Galiza que constitúen “A Ulloa, Terra de Melide, Tabeirós, O Deza... Eran ferrados de labradíoe monte manso; arcas de centeo, cabaceiros de millo, parroquias de subministración, casas paridoras con nome eapelidos que se daban á fuxida cando a fame era moita e a noite longa, sine die nas portelas da esperanza. Somosda Terra do Medio”.
Páx. 19-20
En Honduras, protexer a terra do espolio do capital estranxeiro pode custar a liberdade e mesmo a vida. Sandra Reyes e Modesto Ochoa viven ao sur do país, son defensoras dos dereitos humanos e do territorio e líderes na acción comunitaria. Neste ano 2023 visitaron Galiza da man da Coordinadora Galega de ONG’s, no marco do proxecto Futuro en Común, para contar as súas propias experiencias de loita e coñecer de primeira man os conflitos ambientais que aquí se libran. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) tivo o pracer de recibilos e conversar con eles nunha das súas últimas paradas antes de regresar a Honduras.