CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 38-39
O movemento popular, organizado en colectivos como Galicia, Mellor Sen Touradas e a Asociación Animalista Libera, ten acadado importantes avances en materia de protección dos animais. A fin das touradas é unha realidade en cidades como A Coruña, Sarria e Padrón, grazas á combinación do activismo coa incidencia política. Ata o momento, 54 vilas do país xa se manifestaron de xeito rotundo contra os circos que explotan fauna doméstica e silvestre.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 40-41
Isabel Kerdudo é activista da Asociación pola Protección Animal ABEIRO (comarca de Compostela), e tamén de ADEGA (Galicia, mellor sen touradas, plataforma pola defensa da fauna salvaxe, campaña de defensa do lobo ...).
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 42-43
O proxecto da cooperativa enerxética Nosa Enerxía S.C.G. segue percorrendo o camiño para acadar un cambio de modelo enerxético e democratizar o acceso á enerxía renovábel e a unha economía verde. A día de hoxe, a cooperativa xa conta con máis de 225 persoas socias e copropietarias da súa propia compañía enerxética. Como entidade comercializadora de enerxía eléctrica supera os 160 contratos no noso país.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 44-47
A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) vén de realizar unha campaña pioneira de mostraxe aérea e marítima para avaliar a abundancia da toniña, o cetáceo máis pequeno dos nosos mares, no Noroeste da Península Ibérica e determinar a conveniencia de elevar a súa categoría de protección de “Vulnerable” a “En Perigo de Extinción”. O estudo tamén recompilou os primeiros datos sobre a abundancia de residuos plásticos nas augas marítimas galegas. A CEMMA advirte da necesidade de aumentar os esforzos de investigación para a obtención de resultados concluíntes.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 48-49
Que é o leirón? A esta pregunta responde o artigo faunístico de Xosé Salvadores, e Marga Miguens dedica a súa sección de flora ao cantroxo ou "Lavandula", tamén planta da que gostan as abellas.
CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?
Páx. 4
Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.