CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 14-17
O humidal da Frouxeira é sen dúbida un dos humidais de maior singularidade do territorio galego, tanto pola abundancia de hábitats protexidos, como pola riqueza da súa flora e fauna. A pesar diso e do abundante número de figuras de protección que posúe, amosa un estado de conservación desfavorable vinculado con distintas actividades antrópicas que afectan tanto ao seu réxime hidro-ecolóxico como á conservación dos seus compoñentes de biodiversidade. A xestión irracional que se realiza no humidal da Frouxeira supón un grave e reiterado incumprimento do Convenio de Ramsar e da normativa ambiental europea, estatal e autonómica.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 18-21
As políticas mercantilistas e agraristas promovidas desde o século XVIII en grande parte do continente consideraron os queirogais como terreos improdutivos, desenvolvendo distintas actuacións dirixidas á súa substitución por fitocenoses sinantrópicas. Coa entrada en vigor da Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE), este tipo políticas quedaron sen amparo legal, ao incluírseestes ambientes ecolóxicos dentro do listado de hábitats da UE necesitados de protección. Con todo, este novo estatus legal non impediu que en distintas áreas da Rexión Atlántica Ibérica, e nomeadamente en Galicia, continuase a destrución dos queirogais a un ritmo tal que o seu estado de conservación favorable, así como o das especies de flora e fauna silvestre que deles dependen, está seriamente comprometido a curto prazo.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 22-25
Para limitar o risco de erosión post-incendio cómpre tomar un conxunto de decisións e realizar una serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias do outono desencadeen os peores efectos. Unha vez que o incendio foi extinguido, os xestores do territorio teñen que facer fronte a: i) unha avaliación preliminar do impacto causado polo lumenas bacías afectadas; ii) unha estima dos efectos potenciais fóra da área queimada e iii) decidir que actividades post-incendio van ser implementadas, cando, onde e como. Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións. Neste traballo descríbese brevemente como se leva a cabo esa planificación.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 26-29
Os servizos ecosistémicos son aqueles beneficios que o medio natural achega á sociedade. O axuste desta definición ao ámbito fluvial interprétase como os beneficios que un sistema fluvial (río) proporciona á poboación para o seu uso e goce. Pola súa parte, a restauración fluvial consiste, dito dun xeito simple, na recuperación das funcións ecolóxicas dun sistema fluvial que está degradado. Como é lóxico, aqueles sistemas fluviais degradados non poderán cumprir coa súa función de subministradores de servizos ecosistémicos. O grao de deterioro ambiental dos ríos a escala planetaria é moi alto, sendo moi preocupante nos países máis desenvolvidos economicamente.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 30-33
Hoxe en día hai uns 3 millóns de persoas sen tratamento de augas residuais no Estado español, fundamentalmente en poboacións menores de 500 habitantes (Fonte: Centro de Nuevas Tecnologías del Agua CENTA, Sevilla). A diferente lexislación europea en materia de augas obriga aos estados membros a depurar axeitadamente as augas residuais de todas as poboaciónsantes do ano 2005, o que significa que imos con bastante retraso. Os sistemas convencionais utilizados en grandes poboacións non son axeitados para as pequenas poboacións, debido á necesidade de persoal especializado e aos elevados custes enerxéticos e de mantemento, que na maioría dos casos non poden ser afrontados polos pequenos concellos. Así, parece necesario procurar outros sistemas de tratamento de augas que sexan máis adecuados para estas poboacións. Os humidais artificiais, dos que versará este artigo, son un deles.
CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais
Páx. 34-37
A noite, a escuridade da noite, é unha necesidade fundamental para a vida na Terra. Cada vez é máis frecuente atoparmos gran cantidade de luz en horas nocturnas en lugares que non deberían ser iluminados, con efectos disruptivos directos sobre os organismos, poboacións e ecosistemas. O mal uso da iluminación artificial acaba cun importante elemento do patrimonio inmaterial da humanidade: o ceo estrelado. Para darlle a volta a esta situación precisamos facer un uso intelixente e sostible da luz, respectuoso coa natureza e coas persoas, e mesmo revisarmos a forma de usar novas tecnoloxías como o LED.