Páx. 8-9
A proposta que se presenta a continuación enmárcase dentro dun modelo de utilización racional do Parque Nacional e concretamente da Serra dos Ancares para actividades didácticas de tipo reglado, que se situarían no paradigma educativo ambientalista.
Páx. 10-13
A continuación veremos unha serie de programas universirarios nos que se inclúen diferentes problemáticas ambientais.
Páx. 14-15
O único museo de historia natural de Galicia está situado na Facultade de Química e está adicado a Luis Iglesias (catedrático de Bioloxía Xeral na Facultade de Ciencias entre 1932 e 1965).
Páx. 2
Algúns dos proxectos industrializadores da Xunta caracterizanse polo elevado impacto sobre o medio ambiente e pola falta de perspectivas de cara ó futuro. A planta de residuos tóxicos de Somozas era un complemento necesario as pretendidas industrias celulósicas, que por sí soas xeran máis dun tercio dos denominados residuos tóxicos e perigosos. Preguntámonos se o fracaso do plan celulósico fará reconsiderar a instalación en Somozas dunha planta dese tipo.
Páx. 16-17
Ó longo do presente artigo trataráse a problemática ambiental dos R.S.U., a súa xestión adecuada e os "peros" ao proxecto de xestión de residuos sólidos urbáns da Xunta de Galicia, para finalmente propoñer unha alternativa ao mesmo.