Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

OPINIÓN: A planta de comportaxe de Mouga: Golpe de gracia ao reciclado na Galicia

Manuel Soto Castiñeiras

CERNA Nº 4 - -

Páx. 20-23

Despois dun análise do estado da planta de compostaxe de Mouga, o resultado do informe recomenda o peche da mesma ou a súa reconversión cara a próxima incineradora. A irresponsabilidade de Erpo e dos governantes dos concellos da Mancomunidade, con Narón e Ferrol a cabeza, se non cambian moito as cousas, vai a dar ao trate coa única experiencia real de reciclado na Galiza.

FLORA: Plan de defensa do bosque autóctono

Xesús Pereiras López

CERNA Nº 2 - -

Páx. 19

Unha defensa efectiva do bosque autóctono debe levarse a cabo dentro dunha Política Forestal a longo prazo, pero mentres esta non se elabora, deberíanse adoptar unha serie de medidas urxentes para evitar que continue a disminución das masas boscosas autóctonas e atallar o proceso de deterioro ao que se atopan sometidas.

ESPAZOS: A toma da Creba

Xesús Pereiras López

CERNA Nº 2 - -

Páx. 20-21

A illa da Creba, no Concello de Muros, recibe a multitude de viaxeiros que se achegan a ela baixo a pintada . Esta illa supón un anaco de litoral inalterado nunha zona onde cada vez é máis difícil atopar recursos piscícolas, ao que hai que engadir un alto valor estético e as posibilidades que ofrece como lugar destinado ao lecer.

ACTIVIDADES: Taller ambiental A Curuxa

ADEGA

CERNA Nº 4 - -

Páx. 24-26

A experencia de educación ambiental recollida neste apartada da nosa revista, pretende abordar os problemas ecolóxicos, intengradando, deste xeito, a educación ambiental nas diferentes áreas, disciplinas e unidades do currículum.

INFORME: 1990: Os incendios que non cesan

Ramón Varela Díaz-Xesús Pereiras López

CERNA Nº 2 - -

Páx. 22-24

O ano 1990, pese aos esforzos acometidos desde a Xunta de Galiza, mediante o denominado Plan de Loita contra os incendios Forestais, elaborado pola Consellería de Agricultura, e unha intensísima campaña publicitaria, volveu a ser un ano nefasto para os nosos montes: os incendios volveron a ser negra noticia do verán.

ACTIVIDADES: Itinerarios ecolóxicos ADEGA

Redacción/Cerna

CERNA Nº 4 - -

Páx. 27

Alén dos sempre recorridos Ancares, Courel, e algún outro sitio, na Galiza existen aínda espazos naturais de grande riqueza que necesitamos conservar, espazos moito máis numerosos do que se nos fai saber. Neste caso, presentase o roteiro ecolóxico Baldaio- Verdes, unha das zonas húmidas costeiras de maior valor como centro de repouso e invernada para un bo número de aves acuáticas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal