Páx. 36
Neste artigo recollénse diferentes actividades como as bici-vixías do ambiente, xornadas sobre economía e recursos naturais, encontros de grupos ecoloxistas galegos e portugueses e A Casa da Terra.
Páx. 37
O director americano Steven Spielberg ten unha relación coas nosas terras galegas, probablemente inspiración da súa última película baseada no mundo dos dinosaurios. Concretamente, a súa inspiración aconteceu no momento no que avistou aquela paisaxe abrupta e estremecedora chamada Serra do Xurés.
Páx. 2-3
Falar de Vavia de Suarna é falar dos encoros, pois a súa historia nos últimos 50 anos, atópase ligada aos mesmos que, sen chegar a construirse, xa provocaron o atraso e empobrecemento de toda unha ampla comarca, chea de vida e riqueza noutrora. Recentemente, o MOPTMA ven a autorizar o proxectado encoro de Suarna, ao que os veciños seguen manifestando a súa total oposición.
Páx. 38-39
O fraude da concentración parcelaria da Xunta sitúase na ordeanción do territorio tendo en conta o seu valor agrícola, pero que despois a parcelas vanse dedicar a edificación, polo que o actual goberno estase a rexir, en canto esta concentración parcelaria, cunha mentalidade urbana, propiciando a construcción de casa no noso medio rural.