Páx. 31
A obra máis recoñecida de Carús titúlase "Los misteriosos de la Naturaleza. Investigaciones sobre el micriplacton de la Ría de Arosa". Neste libro, adicado a súa cidade natal e na cal viviu, recollénse 293 figuras recollidas da observación microscópica. O autor destaca a importancia da Bioloxía mariña da cal non existen moito estudos sobre ela na nosa terra.
Páx. 33
No verán de 1993 celebrouse en Pontevedra o chamado I Congreso Forestal Español (aínda que non fose a primeira vez que se reunían nun congreso forestais españois), ao que foron nada menos que preto dun millar de asistentes e unha inmensidade de ponencias e comunicacións presentadas.
Páx. 32-34
Achegámonos nesta ocasión á obra dun poeta mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro, a quen a maoría da crítica literaria galega trata coma unha especie de "Segundo Curros", tomando pé nas indubudables afinidades ideolóxicas que existiron entre ambos.
Páx. 35
Esta experiencia se ben comeza fai dous anos, afunde as súas raiceiras no tempo con toda unha serie de actividades intercentros a nivel do ensino medio de Vilagarcía, sobre o tema da árbore, basadas na montaxe dunha exposición itinerante polos dous centros de Bacharelato e polo de Formación Porfesional.