CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 46-49
Repasamos na anterior entrega de CERNA as principais peripecias e reviravoltas da biografía intelectual e humana de Lorenzo Varela. Hoxe imos navegar pola súa obra á procura dos ecos que nela deixaron as paisaxes e debullar, tamén, algunhas referencias á natureza que salferen os textos poéticos deste autor.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 23
O balanzo de destrución deixado polos incendios durante este ano é un episodio máis dun desastre anunciado e repetido. ADEGA demanda unha reacción política e social enérxicas para que Galiza deixe de ser o páis dos 10.000 incendios enuais e o país da UE, xunto co norte de Portugal, con maior densidade de lumes forestais. Para poñer fin a este drama, a prevención dos lumes e o desenvolvemento rural sustentábel deben pasar a ser obxecto da máxima prioridade política e dunha permanente preocupación social.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 24
Esta primavera ADEGA botou á andar o Proxecto Ríos, un programa de Educación Ambiental baseado na participación cidadá que fomenta o estudo e conservación dos ecosistemas fluviais. A participación concrétase na realización de inspeccións e seguemento de treitos de río escollidos polos/as voluntarios/as. A campaña de outono iniciarase o 15 de Setembro e reamatará o 1 de Novembro.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 25
O pasado mes de Xullo, inaugurouse unah depuradora piloto de augas residuais domésticas e urbanas, baseada na tecnoloxía de humedais ou depuración mediante plantas. Este proxecto está promovido por ADEGA, conta cun financiamento da fundación "La Caixa" e sitúase na EDAR da Silvouta de Santiago de Compostela. Colaboran no mesmo Concello, a empresa Aquagest e a Universidade da Coruña.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 35-37
No número anterior achegamos unha visión global da situación da producción agro-ecolóxica certificada no noso país. Nesta nova entrega, imos deternos algo máis en cada unha das grandes actividades.
CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza
Páx. 38-39
A saínte coalición entre socialistas do SPD e Verdes (BÜndnis 90- Die Grünen) supuxo no seu momento un revulsivo para o movemento asociativo de esquerdas alemán por significar o ansiado final do estancamento sufrido durante o longo do mandato da CDU de Khol. A pesares da ilusión e as expectativas espertadas nos sectores alternativos e de esquerdas, o goberno encabezado polo canciller Schröder non afrontab unha tarefa fácil. Mais: Como valora o ecoloxismo alemán a política medioambiental do pasado goberno?