CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 29-31
A globalización e o seu modelo de produción e consumo teñen hoxe en día repercusións en case todos os ámbitos da vida ao longo de todo o planeta. O modelo de vida occidental, reflectido no consumismo, a presa... imponse tamén na alimentación, e non só na rúa polos coñecidos e tan criticados fast food, senón tamén nas nosas casas, na nosa mesa, á hora do xantar: alimentos tóxicos e transxénicos, comida en envases de usar e tirar, froitas fora da súa tempada, etc, etc.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 32-33
Agricultores e acuicultores en concorréncia. Estamos asistindo á aparición dun grave problema de contaminación xeral das augas. Chámanlle "marea verde", e refírese á excesiva proliferación de algas nas zonas costeiras, que afogan o crecemento e normal desenvolvemento dos seres vivos costeiros. Esta proliferación dase en certas rexións planetarias coma poden ser os fondos interiores das rías en xeral, mais na costa de Francia constitúe un grave problema porque provoca perdas na biocenose dos ecosistemas costeiros e grandes custos económicos.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 34-36
A degradaçon das Gândaras de Budinho acelera-se a partir dos anos sesenta, coincidindo co retroceso agrícola e a crescente ocupaçon industrial do vale do río Louro. O processo continúa hoje, a pesar da incluson en 1999 deste espaço na proposta galega para formar parte da Rede Natura 2000 e ser Zona de Especial Protecçom dos Valores desde 2003.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 39-40
Entendemos por agricultura ecolóxica os procesos vencellados a prácticas para a produción de alimentos fundamentados no respecto ao medio ambiente, garantindo o bo desenvolvemento e fertilidade dos solos e da biodiversidade, sen introdución de substancias potencialmente tóxicas. Porén, outra visión da agroecoloxía contempla a relación entre producción e o efecto xerador de cultura e as súas consecuencias sobre os individuos. Desde a xeración da PAC no 1969 desenvólvense unha serie de estratexias de organización dos recursos propios, máis é alleo á orixe, ao sentido propio, e as connotacións para a comunidade inherentes a estas actividades. Deste xeito desde o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica Galega (CRAEGA), é necesaria facer unha lectura desta actividade.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 41-43
A produción tradicional galega está a diminuír a unha velocidade terríbel. O despoboamento rural, o abandono da actividade agraria, o avellantamento da poboación no rural, son algúns dos factores que explican a desaparición dunha produción que aínda era ecolóxica, sen referírmonos só á de autoconsumo. Despois de dez anos de promoción oficial, a produción ecolóxica certificada segue a ser só unha parte da produción ecolóxica do noso país, e caracterízase pola súa inestabilidade e escaso peso, ao tempo que non mudou a realidade ambiental do sector agrogandeiro na Galiza. Repasemos máis polo miúdo esta situación.
CERNA Nº 45 - Entrevista e Manuel Vázquez conselleiro de Medio Ambiente
Páx. 44-45
Raíña, quero ser gaivota! Que dis filla. Raíña, quero ser gaivota! Pero ti que dis Mara, se ti es abella! Raíña quero ser gaivota!... así un día e outro, a pequena Mara pedía á Raíña ser gaivota.