Páx. 40-41
Un ano máis, Galiza volveu arder. Segundo a Consellería de Medio Ambiente, ate mediados de Agosto xa tiña habido 8.500 lumes forestais, cando a media anual está a ser duns 11.000. Os datos oficiais indicaban que a superficie queimada era de 29.000 hectáreas, mais a superficie real semella aínda maior, segundo denuncian axentes forestais. A visibilidade mediática dalgúns incendios fixo que un problema que segue a ser grave volvese ao centro da actualidade, polo menos durante algún tempo.
Páx. 43-44
Os produtos tóxicos e perigosos están cada vez máis presentes nas nosas vidas. O seu uso pode ter consecuencias graves para a nosa saúde e a contaminación do medio ambiente. É urxente saber recoñecelos, e reducir o seu uso ou como substituílos por produtos de gama ecolóxica ou de fabricación caseira. Ou autores danche aquí algunhas pistas.
Páx. 45-48
O autor analiza a situación actual do noso país, desde unha perspectiva da necesidade ecolóxica de cambio e movemento continúo, para sair da etapa fósil na que se atopa a nosa matria. Unha falsa democracia, un levantamento moi lento das revolucións sociais, a cultura do chamado minifundio mental, a transfiguración do xugo e das frechas no emblema máis actual do asfalto e do ladrillo, entre un longo etcétera que será analizado no artigo que segue.
Páx. 49-50
Achegámonos no anterior número de CERNA, aos dous primeiro poemarios en galego de Gómez Alfaro. Proseguiremos agora coa mesma intención xeral, o noso repaso á traxectoria do poeta ribeirao, non sen antes advertir que nos resultou imposible a consulta de dous dos seus poemarios: Os ciclóns do sino (1997) e Pasos cara á alba (2000), malia que cremos que resultarán tan interesantes coma os aquí analizados.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 12-13
Tras 884 días que o petrolero Prestige, informaba da súa situación de emerxencia. Lamentablemente, comprobamos nesta situación a carencia dun plan de continxencia ante as costas galegas. Deste xeito, un buque nunha situación de complicacións rematou sendo unha das maiores catástrofes ecolóxicas. No tanto de reparar os erros e executar un plan de emerxencia eficaz, as autoridades intentaron ocultar estes trasmitindo información pouco veraz e contraditoria. Aumentando os riscos para a biodiversidade e para o pobo galego que segue a enfrontarse á falla dunha inforamción transparente.
CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros
Páx. 14-15
ADEGA sumouse á convocatoria da manifestación do pasado 4 de Xuño en Pontevedra, para esixir o traslado da fábriac de celulosa fóra da ría e o cumprimento da lexislación vixente, que pon data de caducidade a este emprazamento no ano 2018. A contaminación e outros impactos ambientais de ENCE teñen sido amplamente divulgados nas páxinas desta revista. Nesta ocasión recollemos senllos manifestos con posicionamentos desde o ámbito da cultura, a cidadanía, e o mundo científico. Polo demais, remitimos ao especial web de ADEGA sobre ENCE en www.adegagaliza.org.