CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 41-42
Presentamos a un fecundo autor galego, nado en Ribadavia no ano 1949. Este poeta constrúe os seus versos a través da descrición do mundo natural, enfiando preciosas imaxes, o que fai da súa obra un chamamento ecoloxista, manifeste no entanto unha presenza continua e salientábel de ingredientes relacionados coa realidade medioambiental.
Páx. 12-13
Neste artigo analizamos como perante diversas actuacións sobre o territorio e decisións sobre a ordenación do mesmo, Ferrol e a súa área está á sufrir un deterioro no mantemento do seu patrimonio cultural e natural coa xeración de múltiples polígonos empresariais. Por unha banda a Consellaría de Pol´tiica Territorial, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria Ferrol - San Cibrao, asinaron un convenio para a creación dunha plataforma de apoio loxístico ao sector empresarial. Esta afectaría a 1.000.000 metros cadrados dos 4,9 que posúe o Monte Cha. Outro frente aberto, son a creación de áreas similares arredor da Fraga da Pena e o río Freixeiro.En defensa destas áreas, constituíuse o Comité de Defensa Natural e Patrimonio dos Montes de Brión e de Leixa, que rexeita firmemente os proxectos promovendo o amparo cultural e natural desta zona.
Páx. 14-17
Os ríos son vitais apra a supervivencia da vida na Terra e constitúen un dos seus bens máis prezados. Incomprensiblemente, teñen sido moi maltratados polos humanos desde a Revolución Industrial. Marcando situacións, que son irreversibles en moitas ocasións. Se a isto lle sumamos o desapego que a sociedade está a vivir dese panorama natural, xorde a necesidade de promover un programa integral de educación ambiental coa finalidade de sensibilizar, coñecer , actuar e comportarse perante o medio ambiente xeral e dos ríos en particular. Sen esquecer que Proxecto Ríos, integra unha perspectiva urbana, incidindo na necesidade da integración destes no ecosistema urbano.
Páx. 18-20
Analizamos a desfeita ambiental no Morrazo tras as obras para a construcción da Vía Rápida, tras moitas loitas que resultaron inútiles para a súa paralización. Desde as peticións que obrigaron a xerar un Estudo do Impacto veraz, que deu conta dos 31 xacementos arqueolóxicos polos que pasaría a vía. Ate as alusións ás perdas en canto a valor patrimonial, cultural e hidrolóxico.
Páx. 21
Desde diferentes campos de estudo e especialización, cinco catedráticos das Universidades Galegas coinciden nunha diagnose pesimista da situación ambiental de Galiza, e reclaman unha actuación sobre a totalidade da nosa comunidade autónoma que ordene a actividade urbanística, a política de industrialización e dotación de servizos, e defina criterios para a correcta protección do medio natural.
Páx. 24-25
O funcionamento e resultados dos planos de compostaxe e reciclaxe de Nostián e Barbanza foron analizados nunhas xornadas organizadas o pasado mes de Outubro pola Universidade da Coruña, contando coa colaboración de ADEGA e o CEIDA. Estes resultados deben ser decisivos para o debate e valorización do novo plano 2004-2010, presentado recentemente pola Consellería de Medio Ambiente.