Páx. 44-45
Un grupo de profesoras de aquén e além Minho vimos desenvolvendo desde o ano 2000 un traballo interdisciplinar acerca do noso río común, o Pai Minho, con alun@s de ensino secundario. O obxectivo era o coñecimento do estado do rio tanto na sua desembocadura como no nascemento. A iniciativa partiú da profesora de química Rosa Almeida, despois de que os propios estudantes de Valença demandaran conhecer os lugares onde o "seu" rio nasce.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 10
Desde o pasado mes de Outubro, os Estados membro da UE e os países de próxima incorporación están á negociar, sobre o borrador aprobado pola Convención Europea, a futura constitución da UE, que será sometida á referendum en Xuño de 2004. As Green 8, as oito grandes organizacións ambientais europeas, presentaron en Agosto o documento que, co título Cara unha Constitución Verde da UE, recolle as súas propostas de emendas ao borrador de Carta Magna. A versión en galego pódese ler en www.adegagaliza.org.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 11-12
Lamentablemente, o Concello de Santiago aprobou o pasado 13 de Novembro, nun Pleno Urxente Extraordinario e cos votos a favor do PSOE e o PP e a oposición do BNG, a concesión de SOGAMA da xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU) do Concello para os próximos 15 anos.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 13-15
Marta Domínguez defendeu o pasado Setembro a súa tese de doutoramento, titulada "Avaliación do compost como emenda orgánica de solos de cultivo de Galicia" e dirixida pola profesora María Teresa Barral e o catedrático Franscisco Díaz-Fierros. Os beneficios agro-ambientais do compost derívanse tanto da relativa carencia de materia orgánica nos solos galegos como do seu poder fertilizante, ao tempo que a recollida selectiva da fracción orgánica do lixo, amósase suficiente para limitar a presencia de contaminantes no mesmo. Con esta investigación facilítase a comercialziación do compost e ponse de manifesto a necesidade de analíticas químicas antes do seu uso, e se avance na implementación de residuos orgánicos e de fertilización agraria, e ofrecen argumentos ás entidades públicas e privadas que obran pola reciclaxe da materia orgánica.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 16-17
Os cambios inducidos polo capital máis devorador, deron lugar á conversión dunhas festas tradicionais imperadas pola austeridade á máxima expresión dunha sociedade opulenta, despilfarradora e pouco solidaria. Ao tempo, que se xeran unha gran cantidade de refugallos por mor do gran número de agasallos, paqueterías, abundancia alimenticia transformada en copiosos menús, etc. Neste senso, promovemos e procuramos formas de facerlle fronte ás festividades capitalizadas.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 18-19
Optar por un consumo responsábel co medio ambiente choca coa dificultade de atopar produtos ecolóxicos, fabricados de xeito que impacten o mínimo posíbel sobre o medio natural. Desde ADEGA -Coruña, fixemos unha reportaxe das tendas existentes e produtos deste tipo ofertados, sempre dentro do ámbito xeográfico da nosa cidade.