Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

O monte é vida, o lume morte

Xosé Santos Otero

CERNA Nº 39 - -

Páx. 27-30

O fenómeno dos incendios forestais converteuse en Galiza, debido á súa elevada frecuencia, intensidade e superficie afectada, nun dos maiores problemas ecolóxicos que sofren os nosos bosques, plantacións forestais e montes. Sen ningunha dúbida, trátase do maior factor de destrución da cobertura vexetal na nosa terra. Un dos retos medioambientais de Galiza para o século XXI é eliminar o problema dos incendios forestais, tanto pola súa incidencia medioambiental como pola destrución dun sector estratéxico para o conxunto do país.

A voz insubornable de Uxía Senlle

Rosa Arneiros

CERNA Nº 39 - -

Páx. 31-34

Ela puxo voz á nosa conciencia colectiva. Á nosa rabia, á nosa impotencia e ás nosas ansias de superación. Ela foi a embaixadora do berro unánime do noso país no Obradoiro e Lariño pasando por Bruxelas, Madrid, Xaén ou Murcia. Uxía Senlle, voceira da Plataforma cidadá Nunca Máis, reúne nas súas palabras sen ambaxes ese timbre melancólico e á vez enérxico, denuncia de quen sabe que aínda queda moito por facer. Di lembrar nitidamente o momento en que se iniciou a traxedia. Como esquecelo. O 19 de Novembro de 2002, o día en que o Prestige afundiu, Uxía Senlle cumpría anos. Ela empezaba un novo ano de vida per nunca imaxinou que este fose tan transcendental. Recoñece que, durante este nove meses á cabeza de Nunca Máis, houbo momentos duros con ganas de abandonar. Pero nunca o fixo. Ela soubose voz de milleiros de persoas que entón clamabamos na rúa e seguiu adiante. Di non arrpentirse de nada e sentencia: "Non o volveremos a permitir"

A situación actual da costa galega

Xabier Vázquez Pumariño, Martiño Nercellas Méndez

CERNA Nº 39 - -

Páx. 35

Meses despois do vertido do Prestige, a situación na costa galega dista moito de terse normalizado; antes ben, continua a chegar fuel a numerosas praiais e comézanse a percibir con claridade algúns dos impactos negativos xa denunciados anteriormente. Por outra banda, a ponto de finalizar as labores de retirada do fuel, imos comprobar a auténtica vontade política para restaurar os ecosistemas afectados polas actuacións de limpeza.

ADEGA: Balance do voluntariado

Belén Martín, Alberte Sánchez, Manolo Soto

CERNA Nº 39 - -

Páx. 38-40

A Asociación ADEGA, a FEG e outras entidades de defensa ambiental responderon coordinadamente á catástrofe do Prestige e mobilizaron todos os seus efectivos nesta tarefa, que se viu compensada pola mobilización xeral da sociedade e multiplicada polos miles de voluntari@s nas máis diversas tarefas relacionadas coa traxedia que a Galiza viviu no último ano. Neste breve artigo facemos balanzo do traballo de ADEGA co voluntariado, no amplo contexto dun voluntariado que atinxiu a todos os sectores da soceidade galega, coordinado na Plataforma Nunca Máis, do que son exemplo claro os numerosos coelctivos formados para a ocasión, como a Plataforma contra Burla Negra, o Colectivo de artistas plásticos, O colectivo de sanitarios, o Colectivo científico... A todos eles o noso recoñecemento.

Marea de letras e de arte

Emilio Xosé Insua

CERNA Nº 39 - -

Páx. 41

Ao final, aínda vai ter razón nalgún sentido un coñecido cazador vilalbés que afirmou a respecto da catástrofe do Prestige, aquilo de "no hay mal que por bien no venga". Cando menos iso da para pensar a auténtica eclosión de literatura, música e arte galega que se ten producido nos últimos meses, desde o aciago Novembro de 2002. Os andeis das nosas bibliotecas teñen de facer sitio desde entón a unha nutrida fornada de novos volumes que surxiron da indignación, da consternación e do desexo de que nunca máis aconteza outra hecatombe ecolóxica diante das nosas costas, no noso mar.

Ecoloxía no cotián: a auga no fogar

Ramsés Pérez

CERNA Nº 39 - -

Páx. 42-43

Analizamos como ten lugar o consumo de auga nos nosos fogares, coñecendo os erros para camiñar cara o cambio en base á propia experimentación e o "aprender facendo". Mudando hábitos, mellorando a vida. Posto que podemos afirmar que o consumo está moito por riba do que se precisa para unha vida confortábel, pero non o percibimos coma un problema ambiental. Nin sequera coñecemos cales son as actividades cotiás que provocan maior gasto. Abordamos estas cuestións.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal