Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Volvendo ao río Mero natural

Rafael Sánchez-Fernández e Xacobe Meléndrez Fassbender

CERNA Nº 36 - -

Páx. 22-23

O Río Mero, que forma a Ría do Burgo, áchase ameazado por un agresivo proxecto de canalización que convertiría o río en canle, destruiría o bosque de ribeira e eliminaría a ría, meandros e pontes. Para loitar contra este proxecto constituíse a plataforma "Río Mero Natural" (www.riomero.org). Entre as múltiples actividades desenvolvidas pola plataforma figura a realización dun roteiro para divulgar a riqueza patrimonial do río Mero no tramo que podería ser canalizado.

Os "Cantos na Seiva": de Xesús Pereiras

Emilio Xosé Ínsua

CERNA Nº 36 - -

Páx. 24-25

O 14 de Decembro do 2001, María Casar (Presidenta da Asociación Cultural "Ergueitos" de Sárria), Helena Villar Janeiro (in absentia), Cesáreo Sánchez Iglesias e quen escrebe, como xurado da segunda edición do "Prémio de Poesía Fiz Vergara Vilariño", decidimos por unanimade outorgar o máximo galardón ao poemário intitulado Cantos da Seiva, presentado baixo o lema de "Búsola" e que se corresponde coa autoria de Xesús Pereiras (Monterroso, 1960).

Sarmiento foi o primeiro ecoloxista español

Xulio Cuba Orosa

CERNA Nº 36 - -

Páx. 27

Este ano 2002 en Galicia, por mor de adicárselle o día das letras galegas, é o ano do Padre Sarmiento. Esta figura, lonxe de ser unha máis, é precursora, a primeira, na defensa de Galicia e da súa lingua. Cerna non poide deixar de adicar unhas máis que merecidas páxinas a quen é o primeiro precursor de moitas ideas que asume a nosa asociación. Home adiantado ao seu tempo, moi moderno, Sarmiento, o primeiro galeguista, merecer ser lembrado ademais por ser decidido partidario do respecto á natureza, pacifista e renovador do ensino. A súa obra, inmensa, está chea, pois, de actualidade.

As organizacións incendiarias

Xesús Pereiras

CERNA Nº 36 - -

Páx. 28

Nunha serie de artigos publicados en "La Voz de Galicia", Romay Beccaría, ex-conselleiro de agricultura, gandería e montes, expuxo a súa visión do fenómeno incendiario na Galiza. No artigo publicado o 26 de Maio fixo unhas graves acusacións, cunha feble argumentación, inculpando como causantes da maioría dos incendios do país a organizacións incendiarias que pretenden o cambio da política forestal. Aínda que, curándose en saúde, o autor expón " Yo no digo, ni mucho menos que los grupos que reclaman cambios en la política forestal tengan que ver con las organizaciones incendiarias", todo o razonamento posterior parece indicar o contrario. Este artigo foi enviado por ADEGA a "La Voz", como contestación ao artigo de Romay, os responsábeis do xornal non estimaron oportuna a súa publicación.

Sobre a pesca deportiva supostamente ecolóxica

María Gigirey Suárez e Xan Duro Fernández

CERNA Nº 36 - -

Páx. 29

Cando as chamadas ao coidado e respecto á natureza discriminan partes dela, a vacuidade do seu significado contradí a esencia do ecoloxismo: o respecto a todos os elementos da natureza. A pesca sen morte (captura e solta dos peixes), defendida por pescadores conservacionistas, tamén implica un maltrato aos peixes.

Dossier a Marea Negra: Afeccións ás aves mariñas na costa galega

Amadeo A. Pombo Eirín

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 32-33

O impacto do derrame do petroleiro Prestige nas costas galegas tivo un impacto nos organismos da liña costeira sobre todo nas aves mariñas. As aves mariñas contaminadas ven fortemente diminuídas as súas capacidades vitais.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal