Inicio / Números anteriores / Voluntariado nos incendios: “Aínda que nos cubrisen...
CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica
Páx. 13-14
“É o Prestige do interior: tras a catástrofe, queren tapar bocas con catro duros”. Sentenzas coma estas poñen de manifesto o malestar da veciñanza afectada polos incendios acontecidos neste verán. Os do Courel e Valdeorras son os que máis hectáreas queimaron en Galiza desde que existen rexistros: máis de 22.000. Meses despois, a poboación non esquece aqueles intensos días nos que a vaga de lumes asolou o país, erguido logo nun novo ‘Nunca Máis’ contra o “desleixo” das administracións.