Inicio / Mentiras sobre a matanza dos lobos do Barbanza
31/07/2013
ADEGA desminte varias das afirmacións que fixo o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, en comparecencia parlamentaria, sobre o plan de control dos lobos híbridos no Barbanza, tras unha petición de AGE. O responsable da Xunta, segundo ADEGA, minimiza o número de batidas realizadas así como as capturas e os resultados da cacería durante os anos 2011 e 2012.