<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 10/03/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1099 Thu, 09 Mar 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 10/03/23 ADEGA traslada a denuncia contra a Xunta por perdoarlle 12 millóns a Greenalia á Fiscalía Xeral do Estado, o sector do mar levántase contra a eólica mariña e os plans de ordenación do espazo mariño do Ministerio de Transición ecolóxica, e coñécese a sentenza de Ence que permite á pasteira permanecer na ría de Pontevedra ata 2073, e o voto particular dunha maxistrada que cre que esta decisión do Supremo impedirá a recuperación do dominio público e causará enormes custos a longo prazo. Estas entre outras moitas novas que nos deixa a semana no eido ambiental galego. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 03/03/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1098 Fri, 03 Mar 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 03/03/23 Como vén sendo habitual, a actual invasión eólica segue marcando a actualidade ambiental do país, pero esta semana, desde o ámbito mariño. O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de aprobar o Plan de Ordenación Mariña que marca as zonas de implantacións dos macroeólicos no mar. Un plan que ofrece repulsa absoluta no sector pesqueiro e oposición tamén desde terra. A semana tamén deixa novas positivas, como a declaración do Día do Naturalismo Galego ou a caída da cheminea da térmica de Meirama. Preme para saber máis! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 24/02/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1097 Fri, 24 Feb 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 24/02/23 Existe relación entre o veto á pesca de arrastre e os intereses do lobby enerxético? O sector do mar expón ao debate público esta cuestión ante a inminente aprobación do plan de ordenación do espazo mariño por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. O PP do Parlamento veta tamén unha investigación sobre os plans industriais ligados aos proxectos eólicos que gañaron o concurso de 2010 e rexorden algunhas ameazas para o noso medio ambiente como a polémica mina de San Finx. Outras, sen embargo, decaen como a centra hidroeléctrica reversible da Baixa Limia denominada Salas-As Cunchas. Maís información sobre a contorna ambiental galega, aquí en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 10/02/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1096 Fri, 10 Feb 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 10/02/23 A sentenza do Tribunal Supremo autorizando a ENCE permanecer por outros 60 anos na Ría de Pontevedra cae como xerra de auga fría na cidade do Lérez e no resto do país. As reaccións negativas sucédense por parte das entidades ecoloxistas APDR, ADEGA e outras, así como parte do concello e de Greenpeace, entidades recorrentes. Doutra banda, a pasteira e a Xunta celebran con xúbilo a decisión do Tribunal. Mala nova para a defensa da terra e do monte, condenado a seguir sufrindo por décadas a lacra do eucalipto. A outra ameaza dos montes, a invasión eólica, segue o seu camiño. Porén, comeza a configurarse outro modelo enerxético alternativo ao actualmente imposto polo oligopolio a través da celebración das Xornadas "Temos Alternativa" da Coordinadora Eólica ASí Non. Unhas xornadas que resultaron moi exitosas e que dan pulo ao deseño da alternativa enerxética por parte do pobo galego. Coñece as novas ambientais da semana neste espazo de Radio Cerna... <![CDATA[Boletín informativo ambiental 03/02/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1095 Fri, 03 Feb 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 03/02/23 Tras aprobación en bloque de 77 declaracións de impacto ambiental favorables de proxectos eólicos pola Xunta a pasada semana, comezan a aparecer novas autorizacións destes proxectos industriais no rural galego. ADEGA chama a atención sobre a situacion do parque eólico de O Picato, o primeiro de Lugo, situado nunha zona de protección da avifauna e a poucos metros de dous Patrimonios da Humanidade, a Muralla de Lugo e o Camiño de Santiago. Esta fin de semana, a Coordinadora Eólica Así Non convida á construción colectiva dun modelo enerxético alternativo no Pazo de Cultura de Pontevedra. E no día mundial das zonas húmidas toca volver tirar das orellas á Xunta, que leva máis de 15 anos esquecéndose de protexer estes valiosos ecosistemas naturais, e de novo salta a alarma sobre as bombas biolóxicas das granxas de visón. Desta volta, como transmisoras da gripe aviar. Todas estas novas e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 27/01/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1094 Fri, 27 Jan 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 27/01/23 Enxurrada de declaracións de impacto ambiental favorábeis para parques eólicos nesta semana, ante a data límite establecida polo Ministerio ás promotoar para acadar o permiso ambiental se non querían perder o permiso de acceso á rede eléctrica. De 140 macroproxectos eólicos, 120 obtiveron declaración ambiental, e destas 77 foron favorábeis. O territorio galego entregado ás multinacionais da enerxía, á costa de recurtar dereitos democráticos e minimizar as garantías ambientais, á vez que se impón unha elevada inseguridade xurídica. Mentres a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro de Industria se gaban dos logros acadados, os colectivos sociais e ecoloxistas xa se preparan para a contenda xudicial e para mobilizarse nas rúas. Máis novidades, se premes para escoitar! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 13/01/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1093 Fri, 13 Jan 2023 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 13/01/23 ADEGA fai balanzo do ano 2022 e vaticina un 203 moi duro na defensa do medio ambiente galego fronte a invasión eólica, tanto por terra como por mar. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega ás xornadas "Temos Alternativa" para construír colectivamente un modelo enerxético alternativo fronte o modelo eólico actual, depredador co territorio e abusivo coas persoas. E, nesta semana, a defensa do mundo animal faise de novo patente por mor do uso de dromedarios vivos nas cabalgatas de Reis galegas ou pola negativa da Xunta de ingresar máis de 4 millóns de euros para preservación do lobo e pago de indemnizacións por danos, ao non aceptar a estratexia de conservación do goberno estatal desta especie emblemática. Tamén o sector da agroecoloxía está en pé de guerra... Se queres saber por que, escoita Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 30/12/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1092 Fri, 30 Dec 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 30/12/22 Escoita o último boletín deste ano 2022 de Radio Cerna! O actual repaso informativo sobre o medio ambiente galego recolle a declaración da factoría de Altri como proxecto industrial estratéxico, a moratoria eólica aprobada no concello de Xinzo ou os novos datos censais do lobo en Galiza e a publicación de novos decretros sobre macrogranxas e envases de plástico. Voltamos en 2023! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 23/12/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1091 Fri, 23 Dec 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 23/12/22 A eólica mariña en Galiza xa xunta 9 proxectos en tramitación, dos que 5 afectan á Mariña Lucense. Na eólica en terra, a Xunta dá unha de cal e outra de area, e no Parlamento de Galiza segue esquivando ás incómodas preguntas sobre o "caso Greenalia", relativo ao perdón dos preto de 12 millóns de euros que a empresa tiña que ter depositado na facenda pública, e a denuncia de ADEGA ao respecto na Fiscalía. Mais o fito histórico da semana, protagonizouno unha imaxe: a do derrubo da torre da térmica de Meirama... 10 segundos nos que se resumiron 42 anos de loita veciñal e ecoloxista nas Encrobas e toda unha era de contaminación e degradación ambiental do país. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 16/12/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1090 Fri, 16 Dec 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 16/12/22 Continúa incesante a pingueira de autorizacións de proxectos eólicos en Galiza. Nesta última semana outros tres parques eólicos foron aprobados. No Parlamento o PP esquiva falar da denuncia de ADEGA contra a Xunta na Fiscalía por perdoarlle 11 millóns de euros a Greenalia no canto de obrigarlle a executar un plan industrial, e a sociedade galega volve dar un golpe na mesa a través das mobilizacións contra a invasión eólica das montañas o pasado 11 de decembro. Outros temas deste boletín: plan de hidróxeno de Meirama, sentinazo na Illa de Arousa, ou o Plan de Xestión das Fragas do Eume... Escoita Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 02/12/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1089 Fri, 02 Dec 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 02/12/22 Pronto finaliza o ano e toca facer balanzo. A Xunta dá conta dos proxectos eólicos autorizados, informados afvorablemente ou rexeitados neste 2022. E ADEGA denúnciaa por presunta prevaricación e malversación de fondos, ao eximir a Greenalia de pagar case 12.000.000 de euros á facenda pública e de executar o plan industrial comprometido no concurso eólico de 2010. Este feito desata dúbidas sobre a legalidade na tramitación dos plans industriais asociados a proxectos eólicos que obtiveron adxudicacións de potencia no concurso de Núñez Feijóo. Os pasos adiante da fábrica de téxtiles de Altri, a xudicialización da mina de Touro ou a posición europea con repecto á protección do lobo son outras das novas que nos deixa a actualidade medioambiental da última semana. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 18/11/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1088 Fri, 18 Nov 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 18/11/22 A Xunta informa favorablemente a 13 proxectos eólicos de máis de 50MW que incumpren o Plan Eólico de Galiza e que están a ser tramitados polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Cambia así de criterio, xa que na súa maioría foran informados negativamente por parte do goberno galego hai meses. Rueda xustifica esta viraxe en que agora estes proxectos servirán para abastecer de enerxía, total ou parcialmente, a industrias como Alcoa (na mariña luguesa), Sentury (na contorna das Pontes) e Showa Denko, na Coruña. As grandes beneficiadas por esta excepcionalidade do goberno popular, Greenalia e Enel Green Power. Por outra banda, Alcoa pretende volver a usar fuel para a produción de alúmina e demanda novas excepcionalidades á Xunta con respecto aos límites de emisións contaminantes. Atoparás máis novas da actualidade ambiental neste novo capítulo de Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 11/11/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1087 Fri, 11 Nov 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 11/11/22 Numerosos actos se desenvolven estes días en Galiza na memoria da peor catástrofe ambiental da nosa historia: o Prestige. ADEGA fai avaliación da actualidade logo de 20 anos desde a marea negra e outras voces, como a plataforma Nunca Máis, álzanse contra a impunidade e alertan do perigo obvio de que se repita un desastre similar. No ámbito da eólica Xunta e goberno do Estado achegan posturas e prometen coordinarse para facilitar a autorización de novos parques eólicos en Galiza, en terra e en mar, pero sobre todo para favorecer industrias como a futurible fábrica de celulosas Altri ou Alcoa. Paralelamente, seguen caendo proxectos, desta volta o PE O Merendón, na Serra da Groba. A seca e o cumio sobre o cambio climático están tamén entre as novas ambientais de actualidade desta semana. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 04/11/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1086 Fri, 04 Nov 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 04/11/22 A campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos" consegue finalmente o seu reto, paralizar cautelarmente os proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, na área localizada arredor da Lagoa de Alcaián. En tan só 7 días acadáronse os 20.000 euros de aval que impuxo o TSXG para efectivizar tales paralizacións, constituíndo as primeiras da historia que se efectuan grazas á vontade popular e sen que as obras dos proxectos tivesen iniciado. No eido enerxético, abordamos máis cuestións de actualidade, como a volta á produción da térmica das Pontes ou un suposto novo fraude de Iberdrola para lucrarse co prezo da luz. Escoita Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 28/10/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1085 Fri, 28 Oct 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 28/10/22 A campaña "Ti podes paralos!" consegue facer efectiva a paralización cautelar do proxecto eólico Campelo de Greenalia, e está a piques de conquerir a paralización cautelar efectiva do proxecto eólico Bustelo. A sociedade vólcase con ADEGA na consecución do importe requirido polo TSXG como aval para facer realidade estas dúas suspensións cautelares destes proxectos fragmentados artificiosamente, segundo os ecoloxistas. E na previa do Cumio do Clima, os datos amosan unha situación moi preocupante. Os niveis de metano na atmosfera soben estrepitosamente. Preme para escoitar os detalles! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 21/10/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1084 https://tipodesparalos.adega.gal Esta e outras novas da semana en #RadioCerna.]]> Fri, 21 Oct 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 21/10/22 As últimas semanas están deixando unha colleita favorable de sentenzas e autos dos tribunais que deixan en evidencia a fallida política eólica da Xunta de Galiza. ADEGA, xunto con outras entidades, vén de acadar en tan só quince días 3 resolucións xudiciais favorables fronte a invasión eólica: a anulación definitiva do PE Serra do Iribio, en Samos e Triacastela, e a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Carballo. Porén, vese obrigada a depositar antes do 1 de novembro para facer efectiva as dúas paralizacións cautelares mencionadas, para o cal lanza a campaña https://tipodesparalos.adega.gal Esta e outras novas da semana en #RadioCerna. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 14/10/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1083 Fri, 14 Oct 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 14/10/22 Semana chea de éxitos para o movemento ecoloxista! ADEGA, SGO e FOP conseguen tumbar definitivamente o parque eólico Serra do Iribio nos tribunais. O Supremo avala o fallo do TSXG que anulara a autorización da Xunta por dar por válida unha avaliación ambiental obsoleta, de 2005, e estar dentro dun espazo de Rede Natura 2000, onde hoxe se prohíben parques eólicos. Por outra banda, a Fiscalía abre dilixencia de investigación pola actuación da Xunta na vaga de incendios do pasado verán, tras acoller a denuncia dos colectivos conformados na Plataforma Por un Monte Galego con Futuro. Os montes veciñais tamén se reivindican este sábado! Escoita Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 30/09/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1082 Fri, 30 Sep 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 30/09/22 A Xunta ofrece por primeira vez datos sobre a superficie queimada de espazos protexidos na vaga incendiaria do pasado verán. As cifras son sorprendentes! ADEGA advirte dun outono duro para as aves mariñas, e mesmo para as domésticas, se non se fai nada para frear o andazo da gripe aviaria e o presidente Rueda anuncia unha planta de biogás para xeración de enerxía a prol de Reganosa, Repsol e Naturgy. Se queres saber máis, preme e escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 23/09/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1081 Fri, 23 Sep 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 23/09/22 A actualidade ambiental desta semana ten que ver coa balsa de lodos de Alcoa, os lumes en Rede Natura, novos gromos de botulismo nas aves acuáticas e o recurso no Supreno ao Plan Nacional de Enerxía do Estado español. Para coñecer os detalles, escoita Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 16/09/22]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1080 Fri, 16 Sep 2022 12:00:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 16/09/22 Adíase o fallo do Supremo sobre ENCE, aparece un novo gromo de botulismo no encoro de Vilagudín, e segue a afronta veciñal contra os megaproxectos eólicos e as centrais hidroeléctricas de bombeo que ameazan espazos de elevado valor ambiental. Retomamos o pulso informativo ambiental do país co boletín de novas de Radio Cerna!