Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/10/2023   []   [7.07 MB]

Boletín informativo ambiental 20/10/23

A patronal eólica volve cargar contra a Xustiza e os colectivos ecoloxistas polas anulacións e suspensións cautelares de polígonos eólicos en Galiza. Mentres, ADEGA alerta que a lei de beneficios sociais da Xunta pode acabar nun lavado de cara para o lobby eólico, mineiro e pasteiro. Ademais, Iberdrola, Naturgy e Endesa pagan máis de medio millón de euros ao ano para influír nas políticas europeas segundo unha investigación internacional. A Xustiza paraliza cautelarmente a explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo; e Galiza vive o seu peor incendio do 2023 na Mariña. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

06/10/2023   []   [7.10 MB]

Boletín informativo ambiental 06/10/23

Medio século despois, a central térmica das Pontes deixa de queimar carbón. Apágase un símbolo industrial e cesa unha das maiores fábricas de cambio climático de Europa. Ao tempo, xa son 40 os recursos contra parques eólicos que chegaron ata o de agora ao TXSG. Tamén esta semana se publicou un informe que indica que o 78% de Galiza respirou aire contaminado por ozono ao longo deste ano. Primeira semana coa Lei de Benestar Animal en vigor. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita! 

29/09/2023   []   [7.15 MB]

Boletín informativo ambiental 29/09/23

A Xunta de Galiza acumula frontes abertas nos xulgados en materia medioambiental, a conta do modelo eólico, a mina de San Finx e a cidade deportiva do Celta en Vigo. Ademais, esta semana toca dicir adeus á purpurina e demais produtos con microplásticos engadidos intencionadamente. ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas; mentres a sociedade galega volveu mollarse polos ríos un ano máis a través da Limpeza Simultánea de Ríos impulsada por ADEGA. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna! 

22/09/2023   []   [7.09 MB]

Boletín informativo ambiental 22/09/23

A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica lanza unha nova plataforma (https://retotpp.heroes.help) para que calquera persoa poida reunir fondos para a causa a través de retos persoais. Auditores da Unión Europea poñen en dúbida que a eólica mariña sexa inocua para o medioambiente. O Consello da Cultura Galega alerta de que o eucalipto provoca unha perda de biodiversidade e urxe medidas. A emerxencia cinexética declarada pola Xunta é unha decisión "improvisada" e "acientífica", segundo ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

14/09/2023   []   [7.24 MB]

Boletín informativo ambiental 15/09/23

Un complexo eólico cunha potencia de máis de 320 megawatts ameaza as comarcas da Limia e Monterrei, mentres que a campaña de recadación colectiva Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica se achega aos 160.000 euros reunidos. A Xunta subvencionará a eólica mariña con máis de 5 millóns de euros; o proxecto de central de bombeo en Castrelo de Miño xera rexeitamentos na veciñanza; e a Xunta de Galiza permite a caza sen límite de xabarís no 80% de Galiza. Todos estes temas da actualidade medioambiental da semana, e máis, neste novo episodio de Radio Cerna. 

07/09/2023   []   [7.17 MB]

Boletín informativo ambiental 08/09/23

A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa e confírmase que o verán do 2023 foi o máis cálido dende que hai rexistros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal