Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/03/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Flora (cenoura brava) e Fauna (a balea común)

A cenoura brava e a balea común son as especies vexetais e animais escollidas desta volta para afondar no coñecemento da flora e fauna do país. Marga Miguens e Xosé Salvadroes descúbrennos os segredos destas dúas especies da natureza.

19/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

ILP para que o galego se abra á lusofonía

A Iniciativa lexislativa popular Valentim Paz Andrade que a poboación galega se achegue á lusofonía a través dos medios, do ensino e da xestión cultural. Para moitos é unha oportunidade, non só cultural, senón tamén social e económica para o país. A ILP vén de acadar as 17.000 sinaturas que xa presentou no Parlamento de Galiza á agarda de que sexa admitido a trámite.

18/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Visita galega a Bruxelas para falar de residuos

Así como hai poucas semanas, un grupo de eurodeputados/as viñeron a Galiza para avaliar a situación das nosas rías; agora é Galiza quen se traslada á Bruxelas, a través dunha Comisión, para falar da política galega sobre xestión de residuos sólidos urbanos na Conferencia ZERO WASTE 2013. Foron os colectivos e plataformas que impulsaron a Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe. Neste espazofacemos a crónica da visita.

15/03/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 15/03/13

Neste boletín de 10 minutos coñecerás a actualidade da última semana no panorama ambiental de Galiza. Entérate de que acontece no ambiente galego!

14/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

VII encontro da Rede galega de sementes

Este sábado terá lugar o VII Encontro da Rede Galega de Sementes en Santiago de Compostela, que contará cun mercado de troco de sementes ao longo de todo o día, obradoiros, charlas para reivindicar a non dependencia das grandes industrias agroalimentarias. Esta Rede, que naceu hai tres anos, xa ten centos de seguidores. Conécea!

13/03/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Asociación para a custodia do bosque atlántico “Bétula”

Nace unha nova organización para facer custodia do territorio en Galiza. Faise chamar Bétula e dedicarase a promover e desenvolver proxectos de custodia nos bosques atlánticos de Galiza. Aínda que está nunha fase incial, a súa vocación é de permanencia e de ámbito galego.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal