Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

16/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cantos paxaros aniñan nos edificios da Coruña?

O grupo naturalista Hábitat organiza o vindeiro xoves 25 de abril, ás 20.30 horas, no seu local da Coruña unha charla de presentación do proxecto que censará os paxaros que aniñas nos edificios da Coruña. Un exemplo máis de que as cidades acolle unha grande biodiversidade. Cosme Damián Romay será o encargado de coordinar o primeiro censo de paxaros da cidade herculina.

15/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Protexer a biodiversidade das cidades históricas

A Unesco recomenda dispoñer medidas de protección natural da biodivesidade que habita nas cidades Patrimonio da Humanidade. Seguindo esta recomendación, SEO/Birdlife e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España veñen de asinar un convenio para protexer e conservar o patrimonio xunto co patrimonio cultural.

12/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 12/04/13

Escoita este espazo e coñece as novas ambientais que sobresaíron esta última semana aquí en Galiza.

11/04/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

A cultura dos pazos en Galiza

“A cultura dos pazos en Galicia” é como se titula o proxecto de investigación que está a levar a cabo o Consello Superior de investigacióins científicas e que analiza en termos xerais a orixe, traxectoria, influencia, estirpes de cada un deles. Recentemente, o CSIC publicou os primeiros resultados desta investigación a través do libro “O pazo de Tovar: espazos, perspectivas e tempos”, e no que colaboraron historiadores da USC e do propio CSIC.  O editor deste libro, Carlos Andrés González Paz, adiántanos algunhas pecualiaridades da cultura dos pazos galegos.

10/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

As primeiras pinturas rupestres de Galiza

A Cova de Eirós de Triacastela está a ser unha revelación da evolución humana e natural da historia de Galiza. Nesta cavidade habitaron os osos das cavernas, os homo sapiens e o home do Neandertal e foi lugar de representacións simbólicas. Na Cova de Eirós aparecen as primeiras pinturas e gravados de Galiza.

09/04/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A morte anunciada das gaiolas de salmón en Muros

Dous anos despois da instalación das gaiolas de salmón atlántico na ría de Muros e Noia, a infraestrutura atópase abandonada. Sen embargo, aínda non hai un pronunciamento oficial sobre o remate do proxecto da norueguesa North West Food na ría de Muros. Armadores e ecoloxistas piden a Xunta que se manifeste e que analice ata que punto estas instalacións poideron afectar á fauna e flora mariña.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal