10/06/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
As poboacións das montañas orientais de Lugo resístense a adoptar calquera medida para recuperar o oso pardo en Galiza. Rexeitan o Plan de recuperación do oso pardo impulsado pola Xunta por entender que atenta contra as súas explotacións e xeitos de vida. Pola contra, colectivos ecoloxistas aseguran que este documento non terá graves repercusións para a vida dos locais e, mesmo, que é pouco regulador.
07/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita como discorreu a actualidade ambiental en Galiza nesta semana dedicada ao Medio Ambiente.
06/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Asociación española de Parques e Xardíns Públicos creou hai uns 15 anos un método que serve para medir o valor das árbores e arbustos ornamentais. A Norma Granada, hoxe en día, é utilizada incluso máis alá do Estado español. Coñecémola neste programa Cerna.
05/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O movemento en transición é internacional. Nace hai poucos anos para promover formas de vivir menos dependentes do petróleo e tendo en conta os riscos do cambio climático. A USC únese a este movemento para trasladar á comunidade universitaria principios de aforro, eficiencia, e responsabilidade ambiental.
04/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O ex-presidente da Xunta e Catedrático en Economía Aplicada na UDC, Fernando González Laxe, analiza os riscos, danos e damnificados do Prestige e os gastos derivados.Segundo a Fiscalía do Estado, a cifra ascende a 4.400 millóns de euros.
03/06/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Galiza estrea Reserva da Biosfera nas Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo. Logo de 3 anos a prol desta candidatura, a UNESCO fai unha valoración moi positiva do grao de cooperación entre entidades e concellos afectadas pola Reserva, así como dos espazos naturais, como as rías, compatibles coa actividade humana. Coñecemos a través do órgano xestor da Reserva, que vai significar esta para o territorio afectado.