Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

25/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Curso de verán en deseño e xestión de conservación local

ADEGA, coa colaboración da UDC, organiza un curso de verán dedicado ao deseño e xestión da conservación natural en ámbitos locais. Descubrimos os contidos do programa neste programa Cerna. Terá lugar na facultade de Ciencias da UDC durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo.

21/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 21/06/13

Radio Cerna dedica os venres a repasar as novas ambientais de cada semana. Hoxe é un destes días, así que non o perdas, e entérate do acontecido no eido ambiental galego nos últimos días.

20/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Asociación Espiga de bioconstrución: a volta á cal

Nace unha asociación, Espiga, que aglutina gran parte do sector da bioconstrución en Galiza e organiza o seu primeiro congreso. Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xuño en Viveiro co obxectivo de vincular bioconstrución e rehabilitación e de recuperar vellos materiais naturais para as vivendas como a cal.

19/06/2013   [00:10:00]   [5.73 MB]

A sociedade galega demanda outro modelo de ferrocarril

Diante dos recortes de servizos ferroviarios promovidos por Fomento e Renfe, o terceiro sector demanda outro modelo de ferrocarril en Galiza, que sirva para transportar viaxeiros e mercadorías en distancias curtas e medias: o tren de proximidade ou cercanías. O sindicato CGT e ADEGA avogan por este mesmo modelo.

18/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

A verdade sobre os recortes de tren en Galiza

O experto no sector ferroviario de Galiza e autore de varias publicacións sobre o tren galego, Xosé Carlos Fernández, fai unha análise crítica dos recortes dos servizos de tren programados por Fomento e Renfe para este mes de xuño.

17/06/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os recortes de tren en Galiza, segundo Renfe

Radio Cerna entrevista a Alejandro Huergo, delegado de comunicación de Renfe no Noroeste sobre o maior recorte na historia de servizos ferroviarios en Galiza e o peche de varias estacións. Coñeceremos o porqué deste recorte e as alternativas que Fomento ten previsto dispoñer para o transporte de viaxeiros que queden sen ferrocarril.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal