15/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Un grupo de produtores/as de agroecoloxía do sur do país promoven a creación dun novo medio de comunicación sobre o sector en galego e para Galiza. O novo voceiro tamén pretende poñer en valor todas as iniciativas de redes ou espazos autoxestionados que se están a desenvolver nos últimos tempos.
13/03/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
A Universidade da Coruña participa, xunto con outras 28 entidades, no proxecto europeo Connecting, que intenta impulsar un novo modelo de cidades baseadas en criterios sostibles e nos mecanismos da Natureza. A instituciíon galega será a encargada de establecer os parámetros de avaliación dos resultados deste proxecto que pretende ter eco internacional e que se desenvolverá nos vindeiros anos. Dentro deste marco, A Coruña será a única cidade do Estado que participará deste proceso de "naturalización" sobre o que nos fala Adina Dumitru da UDC.
10/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo facemos repaso das noticias desta semana máis relevantes no eido ambiental e ecoloxista galego.
08/03/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Ante a proliferación de certos mitos sobre a situación de conservación e xestión do lobo en Galiza, ADEGA publica un informe no que desmente gran parte dos argumentarios que, na súa opinión, só contribúen a agravar a conflitividade social e o odio contra a especie. O colectivo tamén propón unha serie de medidas para minimizar esta conflitividade e ao mesmo tempo non atentar contra a especie. Entrevistamos ao autor do informe e volga de biodiversidade en ADEGA, Martiño Nercellas.
06/03/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
O informe de Proxecto Ríos do ano 2016 revela que se mantén unha tendencia negativa no estado de conservación do bosque de ribeira dos ríos analizados polo voluntariado fluvial. Neste espazo avaliamos este e outros parámetros medidos polo voluntario galego en 140 ríos durante o ano pasado.
03/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece a través deste espazo cales foron as novas ambientais e relativas á contorna galega máis relevantes desta semana...