29/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Recentemente constituíuse en Galiza a Asociación de Resineiros Galegos (AREGA) co obxectivo de poñer en valor e promover o aproveitamento da resina dos piñeiros como recurso ambiental, económico e social. A recuperación desta vella práctica, perdida nos montes do sur, alá polos anos sesenta, volta en pleno século XXI para agromar como alternativa a outros usos do monte menos sostibles.
27/03/2017 [00:10:00] [13.76 MB]
A Universidade de Santiago de Compostela impulsa unha nova iniciativa para combater o cambio climático desde a vida cotiá. O proxecto "Descarboniza, que non é pouco!" diríxese a entidades ou grupos de persoas que a través da relación interpersoal descubran novas formas de enfrontarse aos cambios derivados da mudanza climática. Neste programa, coñeceremos a iniciativa.
24/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Queres coñecer as novas máis destacadas do medio ambiente galego? Este é o teu espazo. Preme e escoita!
22/03/2017 [00:10:00] [5.75 MB]
Hoxe é o Día Mundial da Auga. Neste ano, 2017, a ONU insta aos gobernos, industrias e cidadáns a reutilizar as augas residuais, como unha das fórmulas máis urxentes para reducir o consumo deste recurso limitado tan valioso para a vida. ADEGA aproveita esta efeméride para lanzar varios consellos que axudarán a evitar o consumo innecesario de auga.
20/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Eucalipto cero, como en Europa!... Así se titula o manifesto que encabezará a campaña da plataforma galega "Cousa de Raíces" en contra da eucaliptización masiva do país e a favor do bosque autóctono. A iniciativa, apoiada por máis de 60 colectivos e entidades galegas de diversa índole, será presentada oficialmente mañá, Día Mundial do Bosque. O manifesto avoga por unha moratoria para as novas plantacións de eucalipto, a prohibición expresa da variedade nitens, unha ecotaxa sobre este tipo de cultivos e incentivos para os produtores ou propietarios que diversifiquen os usos do monte ou contribúan a conservar os bosques naturais.
17/03/2017 [00:10:00] [5.74 MB]
Compartimos contigo as novas máis destacadas do eido ambiental galego acontecidas nos últimos días.